O Pazo da Cultura acolle o espectáculo de danza tradicional «O poder do Arcabuz»

A compañía Quique Peón e o Grupo de Música e Baile Tradicional Xacarandaina traerán esta fin de semana ao Pazo da Cultura o espectáculo O poder do Arcabuz. A cita será o vindeiro sábado 5 a partir das 20 horas e terá unha duración de hora e media, un tempo no que os espectadores terán a oportunidade de presenciar unha actuación de danza tradicional na que se recrea a Revolución Irmandiña que tivo lugar en Galicia na Baixa Idade Media. As entradas teñen un prezo de 9,50 euros para o público en xeral e de 6,65 para abonados, persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos) e desempregados.

Preto de cen artistas, trinta e cinco bailaríns, vinte músicos e corenta coristas, subiranse ao escenario do Pazo para fusionar diferentes artes escénicas. A maiores da danza tradicional tamén se poderá ver nesta obra danza contemporánea.

As inxustizas e o poder centran a temática deste espectáculo no que a danza e o baile tradicional galego son os elementos principais, que se compaxinarán coa música e o teatro.

Lea también

A conferencia sobre saúde mental prevista para este sábado en Narón, adíase ó día 29

A conferencia da psicóloga Rita Touza, prevista inicialmente para este sábado 23, adíase ata o …