Últimas prazas dispoñibles na Escola Municipal de Música Moderna de Narón

Natalia hermida-1-7A edil de Mocidade, Natalia Hermida, informou das últimas prazas dispoñibles na Escola Municipal de Música Moderna de Narón. Os rapaces e rapazas da localidade de entre 12 e 30 anos dispoñen aínda dalgunhas vacantes nas modalidades de: Guitarra (iniciación); Batería, Piano e Aulas de Ensaio. As clases impártense na Casa da Mocidade, na Gándara, e o prezo é de 8,15 euros ao mes.

Na modalidade de Guitarra hai doce prazas, que se dividirán en dous grupos para as xornadas dos mércores e venres de 17.00 a 18.00 e dos luns e xoves, tamén de 17.00 a 18.00 horas. Así mesmo, hai seis prazas para Batería, en horario de 18.00 a 19.00 os mércores e venres, e outras seis para Piano, de 19.00 a 20.00 os luns e mércores.

As Aulas de Ensaio da Casa da Mocidade poden solicitalas os grupos musicais que teñan alomenos un integrante de Narón. Estarán operativas de luns a sábado entre as 17.00 e as 21.30 horas, tal e como recordou a edil de Mocidade.

As inscricións deben formalizarse a través do Rexistro do Concello, cubrindo un formulario oficial que se pode descargar da páxina web: www.naron.es. As persoas interesadas en recibir máis información poden dirixirse ao Servizo Sociocomunitario Municipal (Oficina de Información Xuvenil); chamar ao número de teléfono 981 337 700 (ext.: 1103) ou escribir ao correo electrónico: omix@naron.es.

Lea también

La AD Náutico de Narón obtiene buenos resultados en el Cto de España de Duatlón

Buenos resultados del Shark Team en el Cto de España de Duatlón disputado en Ciudad …