Centros educativos de Ferrolterra e o Eume participan nunha iniciativa europea sobre ciencias

Catro centros educativos das comarcas de Ferrol e O Eume participan desde este ano ata 2019 no proxecto europeo Raising Achievement Together- a vision for European schools, enmarcados no Erasmus+. O obxectivo desta iniciativa é desenvolver as competencias STEM (en Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñerías e Matemáticas) no alumnado de Primaria, ESO, Bacharelato e FP; facendo fincapé nas mozas dado que segundo os datos da Unión Europea son menos propensas a elixir este tipo de materias.

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria participa neste proxecto xunto co Centro de Formación e Recursos de Ferrol, o IES As Telleiras (Narón), o CPI de Atios (Valdoviño), o IES de Fene e o IES Fraga do Eume (Pontedeume). Ademais son organizacións asociadas a Thornhill Primary School, a Cadoxton Primary School e The Bishop of Llandaff Church-in- Wales High School (as tres da cidade galesa de Cardiff); a Miasto Stoleczne Warszawa, o Warszawskie Centrum Innowacji Edukacyjno-Spolecznych i Szkolen, a Szkola Podstawowa z Oddzialami Integracyjnymi Nr 280 e o Gimnazjum nr 49 z Oddzialami Dwujezycznymi im. S. Starzynskiego (estes catro últimos de Varsovia, Polonia).

Innovación e motivación

A iniciativa procura conseguir diferentes impactos, como o aumento da calidade do ensino nestas áreas, empregando enfoques multi e interdisciplinarios, materiais innovadores, e fomentando a relación transversal coas competencias sociais, interculturais e de linguaxe, o pensamento crítico e as habilidades dixitais. De forma paralela búscase un uso máis integrado e estratéxico das TIC na educación e motivar ao alumnado para a aprendizaxe de idiomas a través de métodos de ensino innovadores.

Todas as accións programaranse de tal forma que fomenten o traballo en equipo, sexan motivadoras e acaden a participación das familias e da comunidade educativa en xeral, co fin de implicar ao maior número posible de axentes.

Os proxectos galegos

O proxecto iniciará a súa andaina a mediados de novembro cunha sesión de compartición da información. Sobre ela desenvolveranse distintas accións en cada rexión, en función das diferentes comunidades educativas.

Deste xeito o IES As Telleiras desenvolverá Unidades Didácticas Integradas sobre a contaminación na ría de Ferrol, o que lles permitirá coñecer as tecnoloxías relacionadas con este tema, así como traballar con instituciónS e empresas. O proxecto potenciará o uso de ferramentas tecnolóxicas.

Lea también

La mejor danza contemporánea de Galicia llega al entorno del albergue de Neda

Con la atención puesta en el tiempo, el Ayuntamiento de Neda ultima los preparativos para …