Cabanas retoma os seus talleres de envellecemento activo

O Concello de Cabanas, a través da Concellería de Servizos Sociais, retomará o vindeiro martes 27 os talleres do programa de envellecemento activo. O proxecto, financiado pola Deputación provincial da Coruña, busca crear un espazo de encontro entre os maiores do municipio, especialmente das zonas máis rurais, evitando o seu illamento e favorecendo as relacións persoais e a súa participación nas actividades municipais. As sesións celebraranse os martes, de 11 a 12:30 horas no local social de As Viñas e a asistencia é gratuíta. Iso si, é necesario inscribirse previamente no departamento municipal de Servizos Sociais, ubicado na pranta baixa do consistorio, ou chamar ó teléfono 981 49 59 59 ext. 2.

Así mesmo, e co ánimo de facilitar a asistencia, o Concello costea un servizo de transporte interparroquial que desplazará os maiores ata o local social dende os seus domicilios. Servizo completamente gratuíto.

Os talleres teñen un nexo común: a recuperación da memoria histórica. Obxectivo que se persegue a través de diferentes actividades: dende ximnasia mental e física ata a creación de contidos nun blog específico que xestionan os propios maiores.

Lea también

La mejor danza contemporánea de Galicia llega al entorno del albergue de Neda

Con la atención puesta en el tiempo, el Ayuntamiento de Neda ultima los preparativos para …