Narón abre o prazo de solicitude para axudas a adquisición de material escolar

O Concello de Narón abrirá este venres 16 o prazo de solicitude das axudas para a adquisición de material didáctico e escolar para o curso 2016-2017. Reservouse unha partida de 24.790 euros destinada a estas subvencións, que se poderán solicitar no Rexistro municipal nun prazo de quince días naturais. O documento a cumplimentar pódese descargar tamén da páxina web do Concello de Narón: www.naron.es.

As familias empadroadas en Narón cunha antigüidade mínima de seis meses e con fillos escolarizados en segundo ciclo de educación Infantil, educación Primaria, ESO, Bacharelato, Formación Profesional de Ciclos medios, Educación Secundaria de adultos e centros de Educación Especial poden beneficiarse destas axudas para material escolar. Tamén poden acollerse aquelas familias cuxos fillos están escolarizados en centros de fóra do municipio por prescripción da Comisión de Escolarización ou da Inspección de Educación e o alumnado de FP ou Bacharelato con modalidades que non se oferten en Narón.

O importe a recibir para comprar material didáctico e escolar, según o nivel escolar e o Iprem das familias, é de 60 euros en educación Infantil; de 70 euros en Primaria; 90 euros en Secundaria; 180 euros para Bacharelato e Formación Profesional (Ciclos medios) e 150 euros para Centros de Educación Especial.

Lea también

O Pazo da Cultura acolle a “XXXV Gala do Deporte de Narón”

O Pazo da Cultura de Narón acolle este venres 22 unha nova edición, a trixésimo …