«O tripartito naronés segue a esperar o milagre económico» ( Eliximos Narón)

naron-concello-20-2Eliximos Narón por medio dun comunicado realiza unha critica ao goberno local ao redor das contas do concello no que sinala que  «As contas do concello recollen un gasto de 691,21 €/hab. dos que 42,76 son inversión (un 6%), pero que en grande medida proben das inversións de outras administracións. Por contra, deixáronse sen gastar 100 €/hab. e isto reflicte a escasa iniciativa do Tripartito en facer inversións produtivas que axuden á recuperación económica do concello e comarca.

Xa non estraña a ninguén ver solares, polígonos industriais, terras, pastos e montes cheos de maleza, que son a imaxe da improdutividade do noso capital, tampouco nos estrañamos da alta taxa de paro, e mentres o Tripartito segue a esperar o milagre económico que poña todo a producir veña de fora en forma de choiva de cartos. Pero a experiencia xa nos ensinou que o que ven de fora, no mellor dos casos, si hai froito, recolle para levar, e senón vaise deixando as débedas.

É necesario que os nosos gobernantes cambien o «chip» e pensen en investir e en traballar pola economía produtiva. Pero este ano en Narón seguen a pensar no pago da débeda e na compra de terreos, pagando sobreprezos e por vivendas para derruír, para logo deixalas a campo.

Por outro lado, cada dous meses quérennos alegrar un pleno con novos «mortos» que quitan do caixón, en total xa van case 280.000 euros de facturas sen pagar de anos anteriores, e moitas con importantes irregularidades, incumprindo as normas da lei de contratos do sector público, pero sen que ninguén asuma responsabilidades».

Lea también

O Pazo da Cultura acolle a “XXXV Gala do Deporte de Narón”

O Pazo da Cultura de Narón acolle este venres 22 unha nova edición, a trixésimo …