O BNG critica as promesas electorais de Núñez Feijóo

bng logoO BNG de Ferrol referiuse na mañá deste mércores á visita de onte do candidato do PP Núñez Feijoo. Desde a formaión nacionalista cualifican as promesas de Feijoo como unha tomadura de pelo, xa que os anuncios que fixo son totalmente contraditorios coa súa práctica política ao longo dos últimos anos.

En relación ao feito de que se poidan mercar ou adquirir edificios nos barrios de Ferrol Vello e a Madalena, desde o BNG consideran que o Partido Popular debería comezar por rehabilitar aqueles que a Xunta xa posúel antes de facer ningunha compra. O estado no que continúan moitas das vivendas no barrio de Ferrol Vello (propiedades abandonadas por parte da Xunta, por parte do Estado e que incluso por parte do concello de Ferrol) é un exemplo evidente da contradición que supón este anuncio.

Outro dos enganos que critican desde o Bng é o feito de que o PP considere que se pode desenvolver o convenio asinado co Ministerio de Defensa para «Abrir ferrol ao mar», que supón exclusivamente un tratamento de carácter estético e que non ten que ver coas necesidades que ten esta cidade de restablecer a súa conexión co mar mediante a derrubo da muralla, e que poidamos ter acceso a uns espazos de alto valor arquitectónico e urbanístico.

Ou que se anuncie unha nova residencia de maiores cando a que existe na actualidade no barrio de Caranza está nun evidente estado de abandono e de deterioro, que se atopa colapasada e como consecuencia desta mala situación existe unha derivación deses servizos ás residencias de carácter privado é outra das contradicións coas práctica políticas do PP nos últimos anos, xunto coa promesa dun centro de saúde en San Xoán mentres pecharon o consultorio da Graña ou se precarizou o actual de Serantes.

Desde o BNG comentan, ademais, a tomadura de pelo que supón que para o ferrocarril se propoña unha nova estación intermodal cando se produciu o desmantelamento dos servizos ferroviarios desta cidade, co resto do país e co resto da comarca, tendo en conta ademais que é máis barato viaxar a Madrid que viaxar a Vigo desde Ferrol.

Engaden os nacionalistas a crítica ao anuncio de recuperar para o marisquero a enseada da Malata ao tempo que se impón unha nova barreira artificial (o acceso ao porto exterior) que se suma ao peirao carboeiro e cando temos que asumir, ademais, unha rede unitaria de saneamento que aumentará os custos económicos e medioambientais para os veciños e veciñas desta cidade.

O BNG remata censurando os anuncios feitos en relación á carga de traballo nos estaleiros para os vindeiros 10 anos, despois do desmantelamento de toda a industria auxiliar desta comarca, con perdas de máis de 3000 postos de traballo e un confinamento implícito dos estaleiros da ría de Ferrol á construción naval militar, impedindo que poidamos participar da construción dos petroleiros que se asinaron coa empresa Navantia, que está nunha situación crítica. Isto non fai máis que confirmar que o anunciado polo PP no día de onte non son máis que palabras baleiras.

Lea también

Inauguración de la jornada Ferrol, motor de proyectos transformadores con impacto

El teniente alcalde de Ferrol, Javier Díaz Mosquera, participó en la mañana de este jueves …

2 comentarios

  1. ¿Algún día harán algo que no sea criticar?

  2. Es que no son más tontos porque entrenan poco….