Hoxe, a UPG conmemora a morte de Moncho Reboiras

moncho-reboiras-2014-5O 12 de agosto de cada ano a Unión do Povo Galego (UPG) conmemora o aniversario da morte en 1975 do seu militante Xosé Ramón Reboiras Noia por disparos da policía nun portal da Rúa da Terra, en Ferrol.

Este ano, cando se cumpren 41 anos do seu asasinato, os camaradas e as camaradas do Partido ao que Reboiras entregou xenerosamente o seu firme e activo compromiso militante, recollen o seu exemplo e proclaman a súa fidelidade á causa da independencia nacional da Galiza, á que Reboiras entregou a súa vida.

Programa de Actos para este venres

DODRO.
Cemiterio de Imo.
Ás 12:00h. Ofrenda floral.

SAN SADURNIÑO.
Finca da Cortiña.
Ás 14:30h. Xantar popular. (2)
Ás 16:00h. Sobremesa de debate: “A mudanza real que a Galiza precisa”

FERROL.
Ás 19:00h. Concentración da Praza de Armas. Saída cara á rúa da Terra onde foi asasinado Moncho Reboiras. Ofrenda floral e canto da Internacional
Ás 19:30h. Intervención Políticas no Cantón.
Manuel Polo (Secretario de Zona da UPG en Ferrolterra)
Antía Ínsua (Comité Nacional da UMG)
Néstor Rego (Secretario Xeral da UPG)
Ao remate, canto do himno galego.

Lea también

Xunta, Ayuntamiento de Ferrol y Autoridad Portuaria trabajan unidos para crear suelo industrial en la zona de Mandía

El alcalde de la ciudad, José Manuel Rey Varela, y la conselleira de Economía e …

Un comentario

  1. Las brumas del pasado nos hacen ver la realidad distorsionada. Olvidamos la historia y convertimos en mito, lo que simplemente era un pistolero. No lo mataron por ser de la UPG, lo mataron por enfrentarse a la policía. Los actos necrológicos en honor a este personaje, son pura fantasía de lo que pudo ser y no fue.