Aberto o prazo para a explotación do servizo de máquinas expendedoras no Pazo da Cultura

O Padroado da Cultura licita o contrato para a explotación do servizo de máquinas expendedoras de alimentos e bebidas no Pazo da Cultura, na rúa Holanda. O orzamento de licitación é de 300 euros ao ano para a instalación dun total de tres máquinas e o contrato rubricarase por un período máximo de dous anos, con posibilidade de prorrogalo durante outros dous no caso de que así se acorde entre as partes.

As empresas interesadas en presentar as súas ofertas dispoñen dun prazo de quince días naturais, contados a partir de mañá, para presentalas na Secretaría do Padroado da Cultura, tal e como se indicou desde o organismo.

A iniciativa aprobouse na pertinente Xunta do Padroado co obxectivo de ampliar a oferta de servizos nas citadas instalacións, según recordou a vicepresidenta do organismo, Marián Ferreiro.

Lea también

El TSXG avala el despido disciplinario de un responsable de diseño de Pull & Bear por acoso y comportamiento vejatorio

La sentencia desestima el recurso del trabajador y avala la investigación interna del grupo Inditex. …