Rey Varela visitou o centro de AFAL Ferrolterra que ofrece atención a 40 persoas

rey varela afal 20-7

O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, visitou na mañá deste mércores o centro de día de Alzhéimer Ferrol da Xunta de Galicia, xestionado pola Asociación de Familiares Enfermos de Alzhéimer e outras demencias de Ferrol e Comarca (AFAL).

Alí, o titular da carteira autonómica realizou un percorrido polas instalacións, nomeadamente polas dúas unidades terapéuticas, a sala de rehabilitación, a enfermería comedor, vestiarios e despacho dos técnicos. Durante a súa visita, Rey Varela tivo oportunidade de presenciar o desenvolvemento de diversas terapias que se estaban a realizar neses momentos, como por exemplo a terapia de psicoestimulación cognitiva, a de estimulación cognitiva grupal ou a de psicomotricidade e musicoterapia

O conselleiro reiterou o compromiso do Goberno galego de seguir apostando pola sensibilización, prevención e formación fronte o alzhéimer; e recoñeceu «o traballo diario que neste campo leva a cabo AFAL Ferrolterra, que presta un apoio fundamental tanto aos doentes como aos seus familiares». Así mesmo, recalcou que a Consellería de Política Social ten como prioridade mellorar o benestar dos galegos, aumentando a esperanza de vida plenamente autónoma e traballando na mellora das condicións das persoas que se atopan xa nunha situación de dependencia.

Neste sentido, Rey Varela referiuse ao mantemento das 40 prazas públicas de atención especializada neste centro de atención diúrna, polo que a administración autonómica inviste un total de 320.439,60 euros neste ano 2016.

Tamén fixo referencia á subida nun 20% do convenio económico que a Xunta de Galicia mantén coas federación que integran o CERMI, pasando dos 3 millóns de euros deste ano aos 3,6 millóns en 2016; así como aos novos servizos de atención que se porán en funcionamento na nosa Comunidade.

Mellores servizos e máis cobertura

O novo impulso social que das políticas autonómicas está a permitir que 10.000 novas persoas se beneficien dos servizos de atención á dependencia. Na actualidade hai máis de 44.000 dependentes atendidos polo sistema para a autonomía e atención á dependencia e o obxectivo e chegar a 50.000 ao longo do ano.

 

A Comunidade Autónoma de Galicia é pioneira en ter unha carteira específica de servizos sociais dedicada á atención á dependencia e promoción da autonomía, o que permite ofertar unha maior especialización e programas concretos para este colectivo. Así mesmo, o ámbito da dependencia é o que absorbe máis recursos económicos na Consellería de Política Social: un total de 324,2 millóns de euros. Esta cifra supón un aumento de 26 millóns de euros con respecto á presente anualidade.

A día de hoxe, Galicia conta con 424 prazas públicas para persoas con alzhéimer repartidas en 13 centros que forman unha rede de atención que chega ás catro provincias.

Lea también

Inauguración de la jornada Ferrol, motor de proyectos transformadores con impacto

El teniente alcalde de Ferrol, Javier Díaz Mosquera, participó en la mañana de este jueves …

Un comentario

  1. Edelmiro Barreiro

    El único que se preocupa por Ferrol. A años luz del alcalducho que sufrimos en la actualidad.