O BNG urxe ao goberno de Suárez a posta en marcha da empresa municipal de transporte

O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol, diante dos continuos recortes nos servizos que prestan as liñas de transporte público na cidade,considera «inasumíble» e fai imprescindíbel a posta en marcha da empresa municipal de transporte aprobada no pleno da corporación, considerando unha prioridad que debería desenvolver o goberno municipal e procurar redefinir o servizo co obxectivo de que preste un adecuado servizo, en horarios e frecuencias que cubra as necesidades sociais dos veciños de Ferrol tanto da súa zona urbana como da rural.

O BNG esixe ao goberno municipal que informe dos pasos que ten dado para dar cumprimento do acordo plenario, presentado polo BNG, para a creación dunha empresa municipal de transporte que posibilite que sexa o propio Concello, tras dispor da titularidade das concesión de transporte público na nosa cidade, o que preste directamente este servizo nas condicións adecuadas para o conxunto dos veciños e veciñas da cidade.

«A actual situación na que non existen limitacións concesionais nen planificación de servizos máis aló deste ano 2016 estabelece un marco totalmente aberto e sen condicionantes para que o goberno local decida libremente unha proposta de transporte público que se adecue as necesidades dos veciños», sinalaron dende a formación nacionalista.

A finalización do convenio do Plan de Transporte Metropolitano, na actualidade prorrogado exlusivamente durante este ano 2016, sumado a sentenza do tribunal supremo que anulou as prorrogas concedidas no ano 2010 ás concesions de transporte metropolitano, «definiran un escenario totalmente aberto diante do que o goberno local permaneceu totalmente pasivo». «O actual contexto permite que o Concello poida asumir a xestión das liñas urbanas coa constitución dunha empresa pública de transporte que en colaboración coa Xunta de Galicia de servizo a unha cidade cunha poboación confinada ao uso do transporte privado e que esta a sufrir ao mesmo tempo o desmantelamento dos precarios servizos ferroviarios actuais», argumentaron.

Lea también

Este viernes se puso en servicio un nuevo tramo de la Avenida de As Pías

El Delegado del Gobierno en Galicia, Pedro Blanco, supervisó en la mañana de este viernes, …

2 comentarios

  1. Estos en su mundo… a lo suyo. A empresas públicas para colar funcionarios, y a pedir independencias. Así les va.

  2. ¿Empresa pública de transporte? Pero ¿en donde se creen que viven estos del BNG?