Entregados os premios do concurso de viñetas pola igualdade

angela franco viñetas 16-7

Ismael López Arias, de Ourense; Celia Noguerol Puente, da Coruña, e Claudia López Montañés, de Ferrol, recolleron na sede da Deputación da Coruña os premios do VII Concurso de Viñetas Xénero, Medios e Comunicación da man de Ánxela Franco, deputada responsábel da área de Igualdade e Servizos Sociais da Deputación.

O primeiro premio foi dar a Ourense, a mans de Ismael López Arias, o segundo para a Coruña, a Celia Noguerol Puente e o terceiro para Claudia López Montañés, que recolleu a súa curmá Carlota Majadas. Son os tres nomes que asinan os traballos gañadores da VII Edición do Concurso de Viñetas Xénero, Medios e Comunicación, convocada pola área de Igualdade e Servizos Sociais da Deputación da Coruña.

A deputada Ánxela Franco agradeceu, na súa intervención, a participación de mozos e mozas nesta iniciativa que ten como obxectivo «construír, a partir da mocidade, unha sociedade máis igualitaria na que se elimine a violencia de xénero».

O concurso súmase ás distintas iniciativas que a área de Igualdade e Servizos Sociais a Deputación da Coruña, dirixida pola nacionalista Ánxela Franco, lles destina ás etapas formativas como o certame de guións contra a violencia de xénero ou de proxectos educativos pola igualdade.

O obxectivo da iniciativa é reflexionar sobre o tratamento de xénero na comunicación (escrita, oral, non verbal etc…) e nos diferentes medios (prensa, televisión, redes sociais, publicidade, cine, literatura, música…) a través dunha viñeta ou dunha tira de viñetas e concienciar sobre a necesidade de cambios de modelos e valores para acadar a igualdade de xénero real.

Lea también

MIRALLAS presenta no CIRS de Cervás, Ares «elas pintan moito» no marco do 25N

Este sábado día 23, o grupo MIGALLAS porá en escea o espectáculo “ELAS PINTAN MOITO”; …