Aprobados 30 espectáculos hasta decembro polo Padroado da Cultura de Narón

naron-pazo da culturaO Padroado da Cultura de Narón aprobou na Xunta do Padroado unha trintena de espectáculos a desenvolver entre este mes e o vindeiro decembro no municipio. O Pazo da Cultura acollerá a práctica totalidade das sesións programadas, tal e como anunciou a vicepresidenta do Padroado, Marián Ferreiro, que indicou que o orzamento das actuacións contratadas desde a entidade para o segundo semestre de ano é de 117.488 euros. E entre o total dos espectáculos, dúas estreas, tal e como destacou Ferreiro, a da obra “Get back”, da compañía Eme2 Emoción&Arte, o vindeiro mes de setembro, e de “Rubicundo”, de Ghazafelhos, en outubro, esta última para o público infantil, destinatario tamén de parte desta programación.

O concerto que o grupo de música folk Milladoiro este sábado na parroquia de San Xiao –nas inmediacións da pista polideportiva a partir das 22.30 horas- abriu  a programación dos vindeiros seis meses deseñada desde o Padroado.

Mes de setembro

A continuación, no mes de setembro, chegarán ao Pazo da Cultura a compañía Chévere, o día 17, coa obra de teatro “Eroski Paraíso”, que conta a historia dunha parella que se coñeceu en Muros, tivo unha filla, emigrou e regresa a Galicia. Tamén nese mes terá lugar a estrea de “Get back”, da compañía Eme2 Emoción&Arte, que se poderá ver os días 23 e 24 e na que se abordan as historias dun grupo de galegos que vive en Londres. Setembro será tamén o mes no que a Compañía Nacional de Teatro Clásico e Ron Lalá subirán ao escenario do Pazo, o día 30, coa peza “A Cervantina, baseada en poemas e novelas do escritor español Miguel de Cervantes.

Mes de outubro

O grupo Pesdelán abrirá a programación do Pazo no mes de outubro, o día 1, co espectáculo “Danza interior”, para, a continuación, subir ao escenario a compañía Teatro do Atlántico, os días 7 e 8, e representar a obra “Helena: xuízo a unha lurpia, unha producción que situará ao espectador nos tempos da mitoloxía grega e que artellará unha historia enlazándoa coa época actual. O público infantil será o destinatario da obra Pulgarcito”, que a compañía Teatro Paraíso representará o 9 de outubro, e a fin de semana do 14 ao 16 do mesmo mes será o turno das compañías Tertulia Produccións, Caramuxo Teatro e Choní Compañía Flamenca, que traerán a Narón, respectivamente, ao cómico e actor español Quique San Francisco e as obras “Zapatos” –para o público infantil- e “Flamenco tratado”, unha conferencia bailada en diferentes estilos a cargo dunha “cantaora” e un guitarrista. O día 22 será o turno de Kukai Dantza, coa obra “Oskarra”, que fai un completo repaso pola cultura do País Vasco. Os dous últimos espectáculos de outubro correrán a cargo de Ghazafelhos, coa estrea de “Rubicundo” o día 23, que parte dun relato de María Canosa, finalista no premio da XXIX edición do Merlín de Literatura Infantil e da compañía teatral galega ButacaZero, que representará o día 29 a obra “Voaxa e Carmín”, un guiño ás irmás Maruxa e Coralia Fandiño, máis coñecidas como “As Marías de Santiago”, cuxa escultura está na Alameda de Compostela.

Mes de novembro

No mes de novembro o día 5 estarán no Pazo Quique Peón e Cía. e Xacarandaina, con “O poder do arcabuz”, un espectáculo de danza tradicional sobre a Revolución Irmandiña de Galicia na Baixa Idade Media, e o día 12 será o turno de Etiqueta Negra, co espectáculo “Berto Romero sigue con nosotros, cargado de humor, música e baile e protagonizado polo humorista cuxo nome leva o evento. O concerto que leva por título “A festa son eu!!!”, para público infantil, chegará tamén o día 12 de novembro a Narón, nesta ocasión ao local social de Doso, donde actuará o grupo musical O Sonoro Maxín.

O teatro e a música serán de novo os protagonistas os días 19 e 20, con Pentación Espectáculos e Tertulia Producción, que traerán respectivamente a obra “La asamblea de las mujeres” –dirixida por Juan Echanove e con María Galiana, Pastora Vega e Sergio Pazos entre o seu elenco- e o espectáculo “Noche Sabinera”, onde se fará un repaso pola discografía do cantante español Joaquín Sabina.
A finais de novembro, o día 26, a compañía Teloncillo protagonizará o espectáculo “Muuu…”, dirixido a nenos e nenas de máis de seis meses e no que se interpretarán varias cancións populares. Nova Galega de Danza traerá a Narón o día 26 o espectáculo “Son, cunha decena de coreografías sobre fusión de danza tradicional galega con flamenco e baile contemporáneo.

Mes de decembro

No mes de decembro desenvolveranse os sete últimos espectáculos previstos nesta programación do Padroado da Cultura. Os días 2 e 3 a orquestra Panorama estreará un espectáculo musical e o día 4 Tertulia Producción representará “Aventura Canina”, dirixido especialmente ao público infantil.

A obra “Raclette”, de Ibuprofeno Teatro, representarase o día 10 e a fin de semana do 17 e o 18 terán lugar, respectivamente, o concerto “The Tambourine man”, con Xabier Díaz&Adufeiras de Salitre, con temas tradicionais galegos e en castelán, e a representación de Pinocho, de Educateatro Produccións.

Na xornada do 22 de decembro terá lugar un novo concerto, nesta ocasión de góspel, a cargo de South Carolina Ghospel Chorale, unha formación de Carolina del Sur que mistura o góspel moderno e o soul tradicional, subíndose tamén ao escenario do Pazo nesa xornada o Coro Solidarium Terra de Trasancos, integrado por alumnado do citado instituto naronés.

Finalmente, o 28 de decembro a compañía Concerlírica representará “La bella durmiente”.

A vicepresidenta do Padroado da Cultura asegurou que se trata dunha serie de espectáculos «moi variados cos que desde o Padroado queremos ofrecer unha oferta de interese para públicos de todas as idades e abordando diferentes xéneros». Marián Ferreiro aludiu ao respecto á calidade das actuacións musicais, teatrais e de danza que se desenvolverán ata finais de ano e avanzou que «a programación do Padroado incluirá novos espectáculos que poderán contratarse nos vindeiros meses, a maiores dos xa aprobados na Xunta do Padroado da Cultura».

Lea también

María Torrente Rodríguez asume la presidencia del Club Balonmán Narón tras la renovación de su directiva

El Club Balonmán Narón ha renovado su junta directiva tras la celebración de su Asamblea …