O Parque do Río Freixeiro acolle a cuarta edición do Mercado Medieval de Narón

mercado medieval naron 6-7

A concelleira de Feiras e Mercados, Mar Gómez, e os responsables da empresa Géminis Servicios Temáticos, Antonio e Brais Otero, presentaron esta mañá a cuarta edición do Mercado Medieval de Narón. A cita desenvolverase do 8 ao 10 de xullo no Parque do Río Freixeiro, xornadas nas que, tal e como indicaron os organizadores, se sucederán divertidos espectáculos de música, baile, malabares e maxia, entre outros, na citada ubicación, onde se localizarán además preto dun centenar de postos de venta de diferentes produtos.

A apertura dos postos do Mercado Medieval terá lugar o venres, día 8, a partir das 18 horas e desde as 18:30 músicos e malabaristas (os grupos Olta Gbahar e Trip Malabar) percorrerán a feira. O apartado cómico comezará ás 19 horas e ás 19:30 horas será o turno de Los Alegres tarados del Ritmo (de novo co personaxe Olta Gabhar) para a partir das 20 iniciarse un espectáculo de maxia. Tamén a última hora da tarde, sobre as 20:45 horas, os visitantes poderán ver en directo a un grupo de lanzadores de coitelos (con Trip e Malabar) e desde as 21:30 outro de malabaristas. A programación do venres rematará co espectáculo Queredes ver lume?, no que participarán varios personaxes e donde o lume, como indica o nome da actividade, será o protagonista.

Nas xornadas do sábado e do domingo os postos do Mercado Medieval abrirán a partir das 11 horas e ás 11:30 horas chegarán de novo a este evento Los Alegres tarados del Ritmo, que se poderán ver novamente a partir das 13 horas os dous últimos días. Tamén regresarán os lanzadores de coitelos, ás 12 horas; a maxia, cun espectáculo que comezará ás 12:30 e o apartado cómico, desde as 13:30, para rematar a actividade matinal con Los Triduendes, a partir das 14 horas.

 

Durante a tarde do sábado e o domingo a reapertura dos postos do Mercado será ás 18 horas e ás 18:30 un grupo de músicos amenizará o espazo no que se desenvolve este evento, realizando un pecorrido pola zona.

Así mesmo, sucederanse os espectáculos cómicos, desde as 19.00; dos Triduendes, a partir das 19.30; de malabarismo, desde as 20.15; de Los Alegres tarados del Ritmo, a partir das 21.00 e de maxia, ás 21.45. Finalmente terá lugar a tradicional actividade da Captura do dragón (Trip-Malabar), na que os visitantes poderán ver desde as 22.15 horas unha figura deste reptil mitolóxico de tres metros e medio de alto por seis de longo, e ás 22.20 dará comezo un novo espectáculo musical. Pechará a programación do Mercado Medieval o espectáculo “Queredes ver lume?”, que se iniciará ás 23.00 horas.

Tamén haberá actividades específicas para os nenos e nenas, tal e como indicaron desde a organización. No “Rincón infantil” poderán participar en diferentes xogos e tamén haberá atraccións de feira como carrusel e noria.

A edil de Festas descatou a calidade dos espectáculos que terán lugar neste evento durante toda a fin de semana e tamén o feito de que preto dun centenar de postos acudan a esta convocatoria. Así mesmo, Mar Gómez animou aos veciños e veciñas de Narón e doutros concellos a visitar esta cuarta edición do Mercado Medieval na localidade.

Lea también

Club Arco Narón obtiene buenos resultados en la segunda edición del Torneo ‘Escolas Indoor’

En jornada matinal de este pasado domingo se celebró en el pavillón da Mocidade de …