Los alcaldes de Ferrol, Jorge Suárez; de A Coruña, Xulio Ferreiro; y de Santiago Martiño Noriega han asistido a las cinco de la tarde de este martes a una rueda de prensa en el transcurso de la cual se ha dado a conocer un manifiesto en el que se llama a la unidad de cara a las próximas elecciones autonómicas.. Tratan de «dar ese impulso» a la «aspiración» de que «la unidad popular tome la Xunta de Galicia» en los comicios de otoño, para lo cual necesitan que la unión sea «completa y real» para que la «izquierda rupturista» continúe el proceso de «fijar objetivos en las autonómicas de forma global y unitaria».
Previamente el alcalde ferrolano, por la mañana, había adelantado que en esa rueda de prensa se trataría de la «liberación de tensiones» con la mirada puesta en las elecciones autonómicas.
«Una vez han pasado las elecciones generales, llevamos unos días teniendo contacto entre los tres, así como con diferentes organizaciones. Creemos que es el momento de enterrar el hacha de guerra», ha respondido Suárez a las consultas de los medios .
Aunque el regidor ferrolano ha señalado que «no es que hubiese una guerra muy cruel», sí ha admitido que «no existía una relación pacífica entre las partes», de manera que van a buscar que todos los implicados en el proceso de confluencia «crean en la unidad más allá de las palabras».
Suárez ha recordado que dentro de las formaciones que encabezan en sus respectivos ayuntamientos, Ferrol en Común, Marea Atlántica y Compostela Aberta, «existe ya una pluralidad de fuerzas».
CONTENIDO DEL MANIFIESTO
Se dio lectura al manifiesto en el que se pide la unidad de las fuerzas de izquierda rupturista y se convoca a las distintas fuerzas a una reunión en la que se hablará sobre la confección del programa electoral y de la candidatura unitaria.
En este manifiesto se señala que «En maio de 2015 irromperon no panorama electoral galego, despois dun proceso previo de anos de acumulación de forzas, ducias de candidaturas de confluencia e unidade popular en moitos dos Concellos do noso país. As Mareas municipalistas constituíron un referente para moitas persoas que entendían esgotadas as opción políticas tradicionais como motor do cambio social e foron vistas como unha alternativa e un antídoto ás políticas de austeridade e secuestro da democracia, así como da corrupción sistémica que personificou durante os últimos anos o Partido Popular. No éxito electoral das Mareas foi clave a conxunción entre a ilusión e o traballo da cidadanía non afiliada e a valentía e xenerosidade das forzas políticas que entenderon o momento histórico e a necesidade de tecer redes e alianzas, empregando ferramentas baseadas na horizontalidade e a democracia radical, arredor de programas compartidos, que respectaron a diferenza e entenderon a diversidade como un valor e non como unha fonte de conflito.
O capital político e a ilusión que agromaron nesas eleccións municipais tivo a necesaria continuidade para as eleccións xerais na coalición En Marea, onde tres das forzas políticas que participaron na conformación das candidaturas de unidade popular recolleron o testemuño para construír unha alternativa ao Partido Popular en todo o país. O resultado electoral obtido por En Marea nas eleccións de decembro foi un éxito colectivo que demostrou a necesidade dunha confluencia a nivel galego e a demanda social para a mesma. Máis de 400.000 persoas en toda Galicia dixeron Hai Marea, e o espazo político da confluencia situouse como o referente ineludible do cambio. Porén, a segunda volta das eleccións xerais do 26-X, aínda confirmando no esencial as virtualidades da confluencia e a hipótese de En Marea como alternativa real ao PP no noso país, puxo de manifesto tamén as limitacións do mecanismo de artellamento institucional do noso espazo político, moito máis amplo, máis rico e máis diverso que a mera conxunción de tres partidos políticos, necesarios e imprescindibles na configuración da confluencia e da unidade, pero insuficientes.
Configurar unha alternativa electoral
A necesidade de configurar unha alternativa electoral coa vista posta nas vindeiras eleccións autonómicas de outono, e a responsabilidade por estar a altura dos tempos e da ilusión que moitas persoas en todo o país depositaron nas diferentes expresións electorais que representaron ao espazo político das Mareas nas últimas convocatorias, lévanos aos abaixo asinantes, alcaldes profundamente comprometidos co proceso de construción dunha ferramenta nacional que dea expresión electoral ás arelas de cambio das galegas e galegos, a facer un chamamento para construír unha candidatura que estea en disposición de conquistar a Presidencia da Xunta de Galicia o vindeiro outono.
Os galegos e galegas non poden seguir sufrindo o progresivo empeoramento das súas condicións de vida. O noso país precisa dun proxecto político que poña en valor os seus sectores produtivos, free a sangría demográfica, aposte polo futuro, ao mesmo tempo que coide a nosa tradición e o capital cultural e lingüístico. Precisamos dotármonos das ferramentas necesarias para tomar as decisións que aseguren o benestar e a dignidade de todas as persoas. Esta candidatura non só debe ter éxito en termos electorais, senón que tamén debe garantir, un goberno que responda ás expectativas creadas e que enderece o rumbo do noso país, aplicando un conxunto de iniciativas de progreso e xustiza que pivote arredor da nosa realidade, sen esquecer os necesarios lazos de colaboración cos pobos peninsulares e do resto de Europa, cunha mención especial á Europa do Sur. Para acadar estes obxectivos, débense transcender os instrumentos e formas electorais creados até o momento, reflectindo dende a diversidade e a pluralidade das súas voces, un programa de mínimos e unha voz cohesionada ao servizo da maioría social agredida polas políticas do PP. Débese, polo tanto, contar coa experiencia e o éxito xa obtidos, dende o 15-M e Nunca Máis até as candidaturas municipalistas de unidade popular, aproveitando tamén toda a capacidade de traballo que centos de persoas están desenvolvendo ao longo do país, no político, no social e no institucional.
Bases para unha candidatura
Na procura destes obxectivos, queremos propoñer as bases do que pensamos debe ser a candidatura para as vindeiras eleccións autonómicas:
-Superación do marco institucional da actual coalición, substituíndo a actual mesa de coordinación por un instrumento aberto e democrático que represente o proceso de ampliación da base social e democratización de En Marea. Á súa vez, o grupo parlamentario, debe centrarse no seu labor institucional nas Cortes Xerais do Estado, co obxectivo de dar voz ás demandas do noso país tanto no Congreso como no Senado.
-Alargamento da base social de En Marea a través da incorporación á mesma, confluíndo dende a base, de todas as mareas municipalistas, candidaturas de unidade popular e actores políticos e sociais que actualmente non están participando na toma de decisións pero que se senten representados e interpelados polo noso espazo político.
-Aproveitar como base para o debate, o traballo feito durante estes últimos meses por ducias de Mareas arredor do proceso Mareas en Común, tanto na metodoloxía como nos documentos saídos do mesmo con amplo consenso (código ético, formación da candidatura e a súa arquitectura institucional e organización interna e elaboración do programa co que a candidatura resultante do proceso debe presentarse ás eleccións autonómicas).
En consecuencia, e de cara a dotar a este desexo do necesario contido, convocaremos a todos os actores políticos e sociais que veñen traballando na configuración dunha candidatura de confluencia a unha xuntanza que se celebrará no mes de xullo en día e lugar por determinar, co obxectivo de, sobre base referencial dos documentos elaborados por Mareas en Común, se poida acordar consensuadamente un calendario para a confección da candidatura e o programa co que En Marea se presentará ás eleccións autonómicas deste ano, co único fin de gañar a Xunta para as máis e poñer en marcha as políticas que fagan, por fin, de Galicia un país próspero e xusto».
NO HAY CANDIDATO
Finalizada la lectura del manifiesto se pasó al turno de preguntas, la mayor parte de ellas relacionadas con el posible candidato, así cuando se preguntó sobre la posibilidad de que fuese una mujer, en clara alusión a Yolanda Díaz, la respuesta como todas las que se dieron sobre el tema fue siempre en que era necesario un candidato de consenso y que no serán los alcaldes sino las candidaturas populares y las mareas municipalistas los que lo decidan. Y sobre ese tema de la mujer, que había sido tratado por Jorge Suárez en recientes declaraciones, el propio alcalde ferrolano dijo que cuando señaló la posibilidad de que una mujer encabezase la candidatura a la presidencia de la Xunta no pensaba en ninguna persona en particular aunque «sería muy ilusionante y mostraría nuestra pluralidad en que pudiera ser una mujer».
Consultados sobre la opción de que Xosé Manuel Beiras sea el candidato para la Xunta de la confluencia, han asegurado que no saben «cuáles son realmente las intenciones» del veterano político, «jugará el papel que él mismo determine, como cualquier persona de este proceso».
La foto de los perdedores que siguen aupados al poder por obra y gracia del Partido Socialista.
Unidad en la izquierda rupturista suena a cualquier cosa menos a algo lógico.