O Colexio de Avogados de Ferrol asesora a persoas en risco de perder a súa vivenda

A concelleira de Acción Social, Catalina García, mantivo unha reunión con representantes do Colexio de Avogados de Ferrol para abordar o contido do convenio asinado entre o Consello da Avogacía Galega e o Instituto Galego de Vivenda e Solo para implantar medidas destinadas a asesorar a aquelas persoas en risco de perder a súa vivenda habitual. As avogadas Verónica Vigo e Amelia Carneiro informaron á edil da existencia dun servizo de asesoramento de balde para os afectados, que está operativo, apuntaron, os martes de 10 a 13 horas no Colexio de Avogados de Ferrol, localizado no baixo do número 60-62 da Rúa Coruña. Para acollerse ao citado servizo, recordou a edil, é preciso solicitar cita previa a través do número de teléfono 981 354 705.

Avogados do Colexio prestan o servizo para orientar aos cidadáns en risco de que os desaloxen da súa vivenda, ben sexa por un procedemento de execución hipotecaria, por impago do aluguer ou outras circunstancias imprevistas, tal e como apuntaron as profesionais.

Lea también

Narón acoge en el CC Odeón la exposición de Roberto Marín, ‘Una mirada cofrade’

La plaza de Eventos del Centro Comercial Odeón ha inaugurado este viernes 11 la exposición …

Un comentario

  1. Y que pinta Catalina García si no hace nada en este asunto?