O Concello de Cabanas ofrecerá clases de pádel para nenos

O Concello de Cabanas, a través da concellería de Deportes, ofertará aos nenos do municipio clases de pádel durante os meses de xullo e agosto. As sesións, que se celebrarán na área recreativa e deportiva de A Veiga os sábados, e cunha duración dunha hora, están dirixidas a rapaces de catro anos en adiante.

Así, o Concello informa de que o prazo para anotarse nesta nova actividade está aberto dende ester venres 24 e que as persoas interesadas en formalizar a preinscrición poden facelo no Concello, acudindo á concellería de Deportes e Cultura; no teléfono 981 49 59 59 extensión 3, ou enviando un correo a cultura@cabanas.es.

Lea también

La declaración BIC de la chimenea de As Pontes «en ningún caso» será «problema» para un nuevo proyecto, según la Xunta

El director xeral de Patrimonio Cultural, Ángel Miramontes, ha afirmado que la declaración de la …

Un comentario

  1. Agora xa non é padel o novo é andar rápido