A ludoteca de verán de Cabanas arranca este luns cunha morea de propostas educativas

A ludoteca de verán que organiza a Concellería de Servizos Sociais para nenos de catro a doce anos arrancará este luns 27 coa participación de nove rapaces. Unha cifra que chegará ata os 30 a partires do 1 de xullo. De feito, o Concello recibiu ata 35 solicitudes para as 30 prazas ofertadas, co que se elaborou lista de espera. As sesións terán lugar no apeadoiro e praia da Madalena, entre as 9 e as 14:30 horas, e entre as propostas destacan os xogos populares e alternativos; teatro con iniciación a técnicas de expresión corporal e dramatización, contacontos, ritmo, baile, obradoiros de manualidades e aula de natureza e reciclaxe para traballar a psicomotricidade e a creatividade, así como o respecto polo medio.

Así mesmo, continúa aberta a inscrición no Campamento Deportivo, para rapaces nados no ano 2009 e anteriores e data de inicio o 1 de xullo, e no Campamento Xuvenil, para mozos de entre 13 e 17 anos, que comezará o 11 de xullo. No primeiro caso, ofreceranse actividades como xogos acuáticos, baloncesto, bádminton, voleibol, hockey, béisbol ou fútbol. No segundo, levaranse a cabo obradoiros de artesanía e pulseiras; talleres de trenzas de coiro e tatuaxes de henna; construción de malabares ou actividades deportivas como tiro con arco, voleibol, actividades acuáticas, montaxe de tendas ou  supervivencia.

Para anotarse, os interesados deben facelo na casa consistorial.

Lea también

Cariño conmemora el 25N con actividades varias

El Concello de Cariño conmemorará el 25N, Día Internacional para la Eliminación de la Violencia …