O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol, diante da decisión xudicial que desestima o recurso presentado por Urbaser co fin de restaurar a taxa de saneamento, esixe ao goberno municipal que avance no proceso de remunicipalización deste servizo. A comezar pola derogación dunha taxa de saneamento que implica que os veciños e veciñas desta cidade paguemos por unha infraestructura que no resto do Estado pagou o estado.
O BNG lembra que como anunciou o goberno local, o pasado verán, a depuradora da cidade, despois de décadas de abandono, non depuraba. O que non impediu que se nos cobrase por este servizo máis de 800.000 euros no remate do ano 2014 e sen que a día de hoxe coñezamos cando se nos vai devolver o recibo cobrado.
Con esta resolución na man é aínda máis incomprensíbel que este goberno renove o convenio con Augas de Galiza para a xestión dunha EDAR que non funciona e que mesma este tribunal cuestiona e deixa claro que renovar este convenio supón trasladar a responsabilidade do estado desta infraestrutura obsoleta aos veciños e veciñas desta cidade.
Así mesmo compre rachar coa encomenda de xestión asinada con EMAFESA que establece que os veciños e veciñas paguemos unha taxa para pagar as obras incluídas no convenio con ACUAES, a posta en funcionamento da rede e polo servizo de depuración das augas residuais do Concello que segue sen existir.
O BNG quere que o goberno local esixa as responsabilidades ao Estado e en concreto ao Ministerio de Fomento e de Medio Ambiente polo estado deficiente dunha depuradora que construíu a administración estatal, aída que a costeamos os galegos e galegas, que o Concello de Ferrol rompa o convenio coa Xunta de Galiza polo cal se lle entregou aos veciños e veciñas desta cidade unha infraestrutura obsoleta e pide que non se faga responsábel destas deficiencias aos veciños e veciñas da cidade.
O BNG debería de esixir tanto e poñerse a traballar, non fan nada mais que criticar e dar algún titular. Propostas ou proxectos ningún
A lo único que aspira el BNG es a obtener el número de votos suficientes para formar parte del pacto de traidores a la Patria y después a seguir durmiendo desocupándose de los problemas ajenos, más o menos como ahora