Aberto o plazo para participar na última andaina e á comida do programa «Ponte en ruta con nós»

O programa municipal Ponte en ruta con nós, organizado conxuntamente pola concellería de Deportes de Narón e a empresa Arasti Barca, rematará o vindeiro 3 de xullo. Así o recordou o edil da área, Román Romero, que indicou que a última andaina desta tempada se desenvolverá entre Xuvia e Pedroso, por un tramo duns oito quilómetros, e finalizará cun xantar de confraternidade a partir das 14 horas.

Os camiñantes sairán ás 11:30 horas das inmediacións do antigo Concello de Xuvia e desde a praza dirixiranse á zona do paseo marítimo e pola marxe do río Xuvia cara á área recreativa de Pedroso, onde terá lugar a comida. Aqueles participantes que queiran deixar o seu vehículo en Pedroso para irse á hora da tarde que estimen oportuna, deben estar na área recreativa antes das 10:50 horas, xa que nese momento sairá un autobús cara á praza do antigo Concello de Xuvia para iniciar a ruta co resto do grupo.

As persoas interesadas en asistir poden inscribirse ata o vindeiro 28 de xuño abonando unha cuota de 15 euros por persoa, cantidade na que se inclúen os gastos do desprazamento en autobús, o seguro dos participantes e o xantar, a base de paella, churrasco, café, postre e bebida (auga ou viño).

As inscricións deben formalizarse no pavillón polideportivo da Gándara, de luns a xoves en horario de 9 a 13 e de 16:30 a 18:30 horas e os venres de 9 a 13 horas . O pago realizarase por adiantado e tan só se devolverá o importe no caso de que a cancelación se realice antes do 29 de xuño, tal e como indican desde a organización.

 

O programa Ponte en ruta con nós iniciouse o pasado mes de novembro, convocando un total de oito andainas por diferentes zonas do municipio naronés. O concelleiro de Deportes, Román Romero, valorou o éxito desta iniciativa e animou á veciñanza a asistir á camiñata do final de tempada, «donde poderemos gozar novamente dun percorrido pola localidade, neste caso entre a marxe do río Xuvia e a zona de Pedroso, e tamén nesta ocasión comer xuntos na área recreativa de Pedroso, donde pasaremos unha animada tarde tralo percorrido matinal», manifestou o concelleiro.

Lea también

Inaugúrase en Narón o Centro de Interpretación dos Muíños Industriais de Xuvia

O Centro de Interpretación dos Muíños Indutriais de Xuvia (CIMIX) está xa aberto á cidadanía …