O alcalde de Narón entrega agasallos a funcionarios e persoal que se xubilou no Concello

O alcalde de Narón, José Manuel Blanco, entregou esta mañá uns agasallos a funcionarios que cumpriron 25 anos de servizo no Concello de Narón o pasado ano ou no 2014, e tamén a persoal xubilado no 2015. O acto desenvolveuse na Alcaldía e ao mesmo asistiu tamén o Secretario municipal do Consistorio naronés, Alfonso de Prado e representantes da Xunta de Persoal.

En concepto dos 25 anos de traballo recibiron os agasallos Pedro Caneiro, Juan Manuel Delgado, Andrés Ramón Mauriz, Juan Carlos Yáñez, Saturnino Martínez e María Jesús García. Así mesmo, entregáronse os de Antonio Quintía pola súa xubilación e o de Pilar Suanzes.

O alcalde naronés felicitou aos homenaxeados, así como aos compañeiros que non puideron asistir ao acto e se atopan nalgunha das citadas situacións, pola súa dedicación ao Concello de Narón nas súas respectivas áreas. Blanco agradeceulles a súa labor e valorou o feito de que nesta ocasión, dous dos homenaxeados hoxe poidan gozar dunha nova etapa tras rematar a súa etapa profesional no Consistorio.

Lea también

La Audiencia provincial reduce la pensión de alimentos a un hijo con discapacidad del 67% , porque su prestación pública cubre la mayoría de sus gastos

La Sección Tercera de la Audiencia Provincial de A Coruña ha dictado una sentencia en …