O galego Suso Fandiño faise co premio internacional de gráfica «Máximo Ramos»

maximo ramosO artista galego Suso Fandiño Gracia (Santiago, 1971) fíxose coa 24 edición do Premio Internacional de Gráfica «Máximo Ramos»  do Concello de Ferrol, un reputado galardón bianual con repercusión mundial que sitúa a cidade no epicentro da cultura gráfica, que leva aparalleado un premio en metálico de 7.000 euros.

O concelleiro de Cultura, Suso Basterrechea, presidiu o xurado profesional que deu a coñecer o nome do artista gañador durante a apertura da mostra no Centro Cultural Torrente Ballester (CTB), onde xa se exhibe unha coidada selección con 44 propostas inéditas de 42 artistas entre as 220 que se presentaron a esta edición do premio con traballos que procedían de 25 países de todo o mundo: Polonia, México, Serbia, Italia, Alemaña, Francia, Portugal, entre outros, e de prácticamente todas as comunidades do Estado. A destacar, unha nutrida achega de obras de artistas galegos, entre os que se contan, na selección final: Juan López e Natalia Desirée.

No xurado, a directora da Colección de Arte Fundación María José Jove, Marta García-Fajardo; a artista e profesora da Facultade de Belas Artes, Anne Heyvaert; a directora de DARDOmagazine Mónica Maneiro, e o director do Centro Galego de Arte Contemporánea, Santiago Olmo.

A obra premiada nesta convocatoria 2016 pasará a formar parte, como ven sendo habitual, da Colección de Arte do Concello de Ferrol, unha colección que alberga grandes obras de históricos artistas ferroláns e que vai medrando grazas as adquisicións do Premio Internacional de Gráfica Máximo Ramos.

O traballo de Suso Fandiño titulase ‘Vous étes ici’, (Vostede está aquí) e unha obra en dúas pezas con serigrafías (acrílico) sobre mapas militares editados polo exército do Estados Unidos sobre as cidades sirias de Homs e Alepo, do ano 1941. //Díptico 148×104 centímetros)

As mencións especiais do xurado foron para Eduard Arbós, (Barcelona, 1959) por ‘Retratos de un proceso‘, e para a polaca Agata Skupniewicz (Polonia, 1990) polo vídeo dixital S_Till. J

Lea también

A Alianza Aresana acolle a presentación de ‘Material sensible’, de Concha Tejada

Como xestionar a alta sensibilidade de forma amable, creativa e sostible? Que historias poden inspirarnos …