O Teatro Amador levará a representación da obra «A creación» ao local social da Pombiña

O local da Sociedade Cultural Recreativa A Pombiña, de Pedroso, acollerá este domingo 29 unha nova representación do programa da VIII Mostra de Teatro Amador organizada polo Padroado da Cultura de Narón. A creación é o título da obra que se encargarán de representar nesta ocasión os integrantes do Obradoiro de Teatro de Piñeiros, baixo a dirección de Maite da Costa, autora tamén do texto. A representación comezará ás 19 horas e a entrada é de balde.

A última actuación contemplada nesta edición da Mostra de Teatro Amador en Pedroso convocouse para o vindeiro 5 de xuño. O grupo da Pombiña, baixo a dirección de Betty Couce, representará a peza Quen vai guerra?, dirixida a todos os públicos. Esta actuación porá fin á programación iniciada no local social de Pedroso o pasado 15 de maio e que permitirá desenvolver un total de catro representacións teatrais na citada parroquia naronesa.

Lea también

Odeón acoge el taller ‘El poder del orden’

  El Centro Comercial naronés de Odeón acoge este sábado a las 18.00 horas el …