O BNG ferrolán presentou una moción para renunciar ao contrato eléctrico

O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol presentou hoxe unha moción que será debatida no pleno municipal de fin de mes na que propón a renuncia ao contrato do subministro, servizos enerxéticos e mantemento das instalacións de alumeado público exterior e dependencias municipais xustificando o seu interese público e carácter prioritario de dito servizo.

Así, os nacionalistas consideran que «é preciso que o goberno local asuma a importancia deste servizo e encare decididamente o obxectivo da xestión pública do subministro e do mantemento electrico mediante a renuncia ao procedimento iniciado polo PP», propoñendo así mesmo que se elabore a declaración de servizo público esencial do servizo de subministración e mantemento eléctrico e a determinación do persoal necesario para o desenvolvemento desta actividade e a forma de integralo na administración local co fin de cubrir necesidades urxentes e inaprazábeis.

«Continuar adiante con este concurso, que a día de hoxe continúa sen resolver e que polo tanto pode ser revocado, o que vai facer é hipotecar ós veciños e veciñas desta cidade e continuar avanzando nunha política que consiste na reducción e no adelgazamento da prestación de servizos por parte da Administración Pública, nun camiño desaforado cara á privatización mediante a externalización de servizos que deberían y poderían ser prestados por parte desta Administración Local», aseguraron dende o BNG ferrolán.

O Bloque lembrou que «finalmente se o Goberno Local decide asumir este concurso, promovido polo Partido Popular, vai hipotecar aos veciños e veciñas desta cidade. En primeiro lugar porque vincula o subministro eléctrico co servizo de mantemento, de modo que o subministro que supón o 60% dos costes do contrato condiciona o mantemento para grande beneficio da empresa concesionaria, por dúas razóns evidentes: por que o concello deixa de exercer un control directo sobre o prezo da enerxía que contrata e ademais faino por un periodo de quince anos; o que nun mercado coma o enerxético, sometido a constantes cambios na regulación e na súa lexislación, é cando menos unha temeridade porque, nun contexto coma o actual, o da enerxía é unha das variables económicas máis importantes nun contexto en permanente cambio coma o actual pero ademais privatizan o servizo de mantemento, un servizo que perfectamente podería ser asumible polo propio Concello», sinalaron.

Lea también

El centro cívico de Caranza contará con una nueva envolvente

El centro cívico de Caranza entrará en obras en las próximas semanas, tras la adjudicación …

Un comentario

  1. Que los del bng hablen de hipotecas tras el nefasto gobierno de Xaime Bello y su hipóteca de la Plaza de España ya tiene su aquel… Pero vamos, que la parálisis del contrato es únicamente para hacerse notar, soltar algún chascarrillo y hacer que piensan algo en Ferrol, no es más que una nueva pantomima de los nacionalistas