O BNG levará ao Parlamento Galego a problemática situación das conexións por autobús desde Ferrol

O BNG denunciou a situación insostible do transporte interurbano por autobús en Ferrol e acusou á Xunta de Galicia de ignorar as demandas veciñais e de estudantes.
 
Món Fernández, na estación de autobuses de Ferrol | BNG
O deputado nacionalista Món Fernández, promotor das iniciativas, salienta a situación insostíbel do transporte por autobús na actualidade e reprocha á Xunta que faga ouvidos xordos ás continuas queixas das persoas usuarias, “a Xunta ningunnea aos veciños e veciñas de Ferrol desatendendo unha necesidade básica como é o transporte interurbano por autobús”.
 
O BNG lembra que na actualidade a liña de autobuses que conecta Ferrol con Lugo ten unhas conexións mínimas e uns horarios absolutamente disparatados para as persoas usuarias en xeral e non digamos xa para as estudantes universitarias do campus lucense. Así destaca que cos horarios actuais, por exemplo, resulta materialmente imposíbel ir e volver de Lugo nun mesmo día.
 
As iniciativas parlamentarias esixen incrementar as conexións directas e mellorar os horarios na liña Ferrol-Lugo, ademais de demandar solucións ante as constantes avarías e fallos de seguridade no servizo operado por Monbus na ruta entre Ferrol e A Coruña. 
 
É por isto que o BNG reiterará en sede parlamentar as demandas para mellorar as conexión interurbanas por autobús desde Ferrol, “estamos a falar da conexión coas cidades galegas máis próximas, parece mentira que nesta altura non teñamos uns servizos diarios con todas as garantías”.
 

Lea también

Cerca de un millar de escolares del Área Sanitaria de Ferrol participan en el programa piloto de vacunación en centros educativos

La delegada de A Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, visitó el CEIP Crucero de Canido …