Eliximos pon unha mesa de traballo para axudar aos veciños de Narón cos trámites da Parcelaria O Val-Meiras-Lago II.
Como xa se anunciou na reunión do pasado martes, o concelleiro Alfonso Casal Pita e membros de Eliximos Narón puxeron unha mesa de traballo (no primeiro piso do local social de O Val, en horario de 6 a 8 da tarde dos días laborais) a disposición dos veciños que requiran de axuda para a identificación dos marcos das súas fincas (número dos marcos e coordenadas GPS en formato UTM coma no xeográfico que é o habitual nos dispositivos móbiles).
Tamén axudarán co papeis das posibles reclamacións pola falta de marcos, polo tamaño das fincas ou cambio de titularidade.
Así mesmo están a recoller as reclamación sobre a problemática dos accesos a fincas, xa que entenden que o compromiso legal da Xunta coa Parcelaria vai mais alá de o que se fixo, pois en moitos casos cos accesos dispoñibles non resulta viable o coidado e explotación do monte.