Letras Galegas 2016 en Ferrolterra

letras galegas-2016EN FERROL

Concello

O epicentro das actividades socioculturais que se van desenvolver o vindeiro martes 17, con motivo do Día das Letras Galegas será a Praza de Rosalía, no barrio de San Xoán-

Principiarán as 12:00 h. do mediodía con concerto a cargo do cantautor, Xoán Eiriz., coroado pola actuación do Real Coro de Toxos e Froles.

A partires das 18:00, festa infantil co pallaso Peter Punk. O fin de festa corre por conta da Orquestra da Balbina.

ATENEO FERROLÁN

Recitando a Manuel María. Letras Galegas 2016

Con motivo do Día das Letras Galegas o Ateneo Ferrolán organiza un recital de poesías de Manuel María este luns día 16 de maio ás 19 h.
Participarán:
Angeles Delgado, Aurora Varela, Cristina Sainz, Rosa Martínez, Silvia Romauns, Xosé Leira, Xurxo Gago

LETRAS GALEGAS EN EXPONAV

A Fundación Exponav con motivo do Día das Letra Galegas, día 17 de maio, ofrece a entrada gratuíta para todo o que queira visitar o Museo, e para os que desexen coñecelo un pouco máis a fondo, realizarase unha visita guiada gratuíta que terá lugar ás 12.00 horas.

Así mesmo, o día 18 de maio é o Día dos Museos que se celebrará coa entrada gratuíta para todo o que desexe gozar ese día.

UNIVERSIDADE

Co gallo da celebración do Día das Letras Galegas o vindeiro 17 de maio, a Biblioteca Universitaria «Casa do Patín» terá durante todo este mes unha exposición con obras de Manuel María.

Poderá visitarse no horario habitual, de luns a venres, de 08.30 a 21.30 h.

EN NARÓN

 

Sociedade Areosa

 

O martes 17 ás 17:30 horas actuará a Coral da S.C.Areosa e a continuación farase agasallo de libros na nosa lingua aos nenos e nenas que fan actividades con nós ao longo do ano. Finalizaremos a festa cunha gran queimada de balde para bridar pola nosa lingua.
Ademais, os días 15, 16 e 17 permanecerá aberta a exposición de traballos manuais, costura  palilleiras dos talleres da asociación. Poderá visitarse pola mañá de 11 a 13 horas e pola tarde de 17 a 20 horas todos os días.

EN MUGARDOS

Exposición en recordo de Manuel María.

O alumnado do CEIP Unión Mugardesa organiza unha exposición en recordo do autor galego Manuel María, ao que se lle dedica este ano o Día das Letras Galegas.

A exposición estará aberta ao público na Biblioteca Municipal de Mugardos. Datas da exposición: Do 16 ao 27 de maio.

EN NEDA

Luns 16.-Ao longo do día.

«Achegándose a Manuel María». Liberación de poemas na biblioteca,concello, asociacións, comercios, panadarias e diversos establecementos de hostelería e alimentación, con fin de dar a coñecer a súa poesía a toda a poboación.

Venres 20.-Ás 21.00 h. na Casa da Cultura.

«Noite de bolos». «Puntada sin sio». Música tradicional, folk e de autor.

Domingo 22.-Ás 22.00 horas na casa da Cultura.

«O bigote de Mimí» (de manuel maría) en concerto infantil-familiar.

Mércores 23.-Ás 19.00 horas na Biblioteca Municipal.

Club de lectura. Lectura de poemas de Manuel María e de «O porco do pé», de Vicente Risco

EN FENE

A compañía “Polo correo do vento” presentará este luns na biblioteca municipal de Fene, ás 18.00 horas, o espectáculo «O poeta do Miño». Trátase dun contacontos baseado no libro do mesmo nome, no que se relacionan a oralidade e a ilustración.   A actividade está dirixida a nenos/as a partir de 3 anos. A entrada será libre, ata completar o aforo.

En “O poeta do Miño” cóntase unha historia na que os protagonistas percorren o Río Miño, seguindo moitas das paisaxes contadas e poetizadas por Manuel María, e tamén coñecendo algúns dos seus poemas.  A sesión conclúe cun obradoiro de debuxo da caricatura de Manuel María.
Actividade organizada pola Concellería de Cultura e Ensino de Fene.

EN CAMOUCO-ARES

Exposición fotográfica
Nesta mesma fin de semana a Agrupación Instrutiva de Caamouco acollerá a mostra “Guía dunha muller de cine”, da fotógrafa Marta Barros. A exposición é unha reintrepretación irónica dos consellos da Guía de la Buena Esposa da Sección Femenina da Falanxe, publicada en 1953. .A exposición recolle os 12 consellos da Guía franquista, como «Ten lista la cena», «Hazlo sentir en el paraíso» ou «Se dulce e interesante». Partindo desas mensaxes, a autora foi creando as súas escenas propias. As protagonistas das imaxes son varias familiares e amigas da propia artista, convertidas despois en grandes bonecas recortables. Esas figuras foron fotografadas nalgúns vellos recunchos do Cine Adriano de Barallobre.
A exposición inaugurouse este sábado, día 14 .
Horario de visitas (do 14 ao 22 de maio): de luns a venres (de 18 a 19:30 h) e sábados e domingos (de 12 a 14 h e de 18 a 19:30 h).

 

EN SAN SADURNIÑO

A semana das Letras Galegas en San Sadurniño contará con varios eventos cos que, dunha banda, reivindicar a figura de Manuel María e, da outra, a cultura e a lingua á que el mesmo se debeu ata a súa morte no 2004. Poesía, música e audiovisual compoñen un cartel que se iniciará o luns e que culminará o sábado 21 cos eventos centrais: a actuación ao mediodía das escolas municipais de música na Casa do Concello e a proxección na Casa da Cultura, xa pola tarde, do documental «Cantando a Manuel María».

Luns 16, Café poético na Biblioteca. Ás 18.00 h.

Mércores 18, Contando en feminino.

Sábado 21, Música e audiovisual. Ás 12.00 Ás 12.00 h. e ás 18.00 h.

Domingo 22, Viaxe cultural á Casa-museo da Fundación Manuel María.

EN MOECHE

O Concello de Moeche organiza un conxunto de actividades para conmemorar as  Letras Galegas, dedicadas este ano a Manuel María

A partir do 14  de maio exposiciòn na Casa do Concello Manuel -María, a Nosa palabra

-No Castelo de Moeche, do 14 de maio ao 12 de xuño, exposiciòn O traxe tradicional, de Dolores Garrote, unha  mostra de traxes tradicionais de gala e de traballo, artesanais , que forman parte importante da nosa cultura.

O martes 17 ás 16.30 celébrase un desfile no patio de Armas do Castelo.

Domingo 15 de maio, ás 18.30 h , no Castelo de Moeche, espectáculo de narración oral a cargo de Pedro Brandariz, Os contos da espiña do toxo , baseada na obra de Manuel María «Aventuras e desventuras dunha Espiña de toxo chamada Bere

-Excursión á Casa de Manuel María, en Outeiro de de Rei, para toda a veciñanza, o 12 de xuño. Colmpletase cunha visita pola tarde ao Castro de Viladonga.

Menores de 12 anos gratis . Adultos:4€ inscrición na Casa do Concello ata o 8 de xuño.

O programa complétase coa  entrega de exemplares da obra de Manuel María ás aulas do CEIP San Ramon.

.

Lea también

La SAF procedió a la entrega de los premios literarios y de poesía. Miguel Brotóns recogió la»paleta de plata»

Un año más la Sociedad Artística Ferrolana procedió a la entrega de los premios que …