O censo electoral de Narón pode consultarse xa no Concello

O censo electoral de Narón para as vindeiras eleccións xerais do 26 de xuño pode consultarse ata o vindeiro luns, 16 demaio, no Concello. A consulta realízase a través dun documento informático que está a disposición da veciñanza para comprobar os seus datos ou efectuar reclamacións, no caso de estimalo oportuno, nas oficinas do departamento municipal de Estatística –na entrada do Concello- no horario habitual do Rexistro.

Así mesmo, habilitáronse uns teléfonos de consulta do censo electoral a través do INE: 981 217 439; 981 217 426 e 981 101 900, podendo chamar de luns a venres, de 9 a 14 e de 16 a 18 horas, e o sábado 14 de maio de 9 a 14 horas.

Lea también

O Concello de Narón abrirá o vindeiro martes o prazo de inscrición nun curso de Electricidade fotovoltaica

O prazo de inscrición abrirá o martes 29 de xullo ás 8:30 horas e rematará o …