O BNG de Narón organiza unha campaña de apoio ás persoas refuxiadas

O Bloque Nacionalista Galego de Narón impulsa unha campaña de apoio ás persoas refuxiadas «e de rexeitamento da política deseñada pola Unión Europea para solucionar a peor crise humanitaria desde a II Guerra Mundial».

Así o manifestaron dende a organización nacionalista, quen instalará mañá martes na Praza da Gándara e o mércores na Praza de Galiza unhas tendas de campaña solidarizándose coas persoas que foxen da guerra e a miseria e de oposición ao acordo entre a Unión Europea e o Goberno de Turquía que permite a expulsión das persoas que chegan a este último país e a Grecia.

Nesa liña, o BNG organiza para o vindeiro mércores, ás 20 horas, na cafetería Ronsel II da Praza de Galiza, unha charla coloquio na que participarán o concelleiro do BNG en Lugo, Rubén Arroxo –que estivo recentemente no campamentos de refuxiados do Pireo- e un representante de Pallasos en Rebeldía.

Na presentación do acto estiveron presentes, ademais dos concelleiros do BNG de Narón, Pablo Villamar e Teresa Sabio, a responsábel comarcal, Mercedes Tobío, e Olaia Ledo, membro da Executiva Nacional do BNG.

Lea también

Narón acoge en el CC Odeón la exposición de Roberto Marín, ‘Una mirada cofrade’

La plaza de Eventos del Centro Comercial Odeón ha inaugurado este viernes 11 la exposición …