O Concello de Narón anuncia una próxima rebaixa do valor catastral dos inmobles

O alcalde de Narón, José Manuel Blanco, anunciou esta mañá «unha próxima rebaixa do valor catastral dos inmobles da localidade que entrará en vigor a partir de 2017 e que repercutirá no importe dos recibos do Imposto de Bens Inmobles (IBI) da veciñanza».

Así o asegurou o rexedor local, quen explicou a proposta xunto co edil de Xestión Orzamentaria, Pablo Villamar. «A medida xurde das xuntanzas solicitadas polo goberno local con representantes da Xerencia rexional do Catastro», sinalou o alcalde recordando que «a última revisión catastral realizada no municipio data do ano 2008 e esta baixada no valor catastral dos inmobles xa se solicitou ao Catastro en mandatos anteriores, se ben non foi aceptada».

Blanco valorou a actual proposta, que se someterá a aprobación no pleno municipal do vindeiro xoves, incidindo na importancia da actualización dos citados valores «en canto que permitirá axustalos á realidade do mercado actual e, polo tanto, reducir o importe deste imposto nos inmobles da localidade».

Así as cousas, o rexidor naronés explicou que a Dirección Xeral do Catastro proporá un coeficiente do 0,92 para os inmobles localizados no termo municipal, ao rexistrarse a media dos actuais valores catastrais por riba do 50% do valor do mercado, tal e como indicaron desde o Catastro. «O Concello adherirase a esta proposta do citado organismo, o que suporá unha baixada no importe a abonar en concepto do IBI a partir do vindeiro ano ao aplicar ese coeficiente do 0,92 do valor catastral, en lugar de facelo sobre o 100%», indicou Villamar.

Esta medida súmase á rebaixa do tipo impositivo do Imposto de Bens Inmobles, que do 0,67% no ano 2011 –cando se obrigou desde o Goberno central aos concellos a aumentar a parte sobre a que podían actuar as administracións locais nun 4% (os coeficientes do tipo de gravame do IBI) para cumprir a lexislación vixente- situándoo no 0,70%. O grupo de goberno solicitou no ano 2012 unha baixada no IBI pero esta petición non foi atendida polo Goberno central. Finalizada a vixencia da medida o grupo de goberno aprobou no ano 2015 o Marco Orzamentario 2016-2018 cuxas rebaixas progresivas situaban o coeficiente no 0,68 no ano 2016, se ben finalmente, trala aprobación do Marco Orzamentario 2017-2019 se situou no 0,66%, explicou o edil de Promoción Económica, lembrando que «compénsase a maior parte do incremento xerado ao aplicar a regularización anual do 10% da diferencia entre a base liquidable e o valor catastral dos inmobles determinado polo Goberno central en 2008, en plena burbulla inmobiliaria».

O Ministerio de Facenda e Administracións Públicas será o encargado de comprobar se se cumpren os requisitos establecidos para acollerse a esta medida para que poida entrar en vigor no ano 2017.

Lea también

Narón iza a bandeira galega na Casa da Cultura

O Concello de Narón  programou para este sábado coincidindo co 23 de novembro, festividade local, …

4 comentarios

  1. ¿Porqué no se bajo ya este año como pedía el Partido Popular?

  2. El Concello de Narón lo que hace es SOLICITAR, así que poco puede anunciar. Y curiosamente, de lo que farda a bombo y platillo es de que los que hemos comprado en piso en Narón, hemos perdido pasta con el paso del tiempo, porque ahora su valor será menor. Mientras otras ciudades van para arriba, las propiedades en la «fidalga cidade» cada vez valen menos.

  3. ¿Por qué le dan tantas vueltas al valor? Lo que importa es el porcentaje…. que fija el ayuntamiento. ¿Por qué no lo bajan?

  4. Vai polas ánimas….primeiro queixámonos do moito que pagamos de contribución e agora que permiten baixar os valores para pagar menos tamén nos queixamos… está claro que nunca chove a gusto de todos.