A Xunta aposta pola VAP da Costa Norte co un orzamento de 60 millóns de euros

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, reuniuse hoxe con 17 representantes de concellos de Ferrolterra, Ortegal e A Mariña, aos que lle reiterou que o inicio das expropiacións dun novo treito da Vía de Altas Prestacións da Costa Norte e un orzamento de 60 millóns de euros para os vindeiros anos amosan a aposta ‘en serio’ da Xunta por esta infraestrutura viaria. Vázquez precisou que «mostra desa vontade é que o Goberno galego ten consignado para 2016 un orzamento de 6,6 millóns de euros para seguir avanzando nesta VAP».

A conselleira lembrou que o pasado xoves 21 o Diario Oficial de Galicia publicaba a licitación do contrato de asistencia técnica para realizar o proceso expropiatorio no treito San Sadurniño-Sanguiñeira. «Trátase dunha asistencia técnica que permitirá contar cunha relación completa e actualizada das parcelas a expropiar; preparar as actas previas á ocupación; e determinar as cantidades a aboar aos afectados», explocou.

Cómpre lembrar que nestes momentos está en plena execución o treito entre Celeiro e San Cibrao: os traballos desenvólvense a bo ritmo e as obras están executadas case ao 80%, o que permitirá que, antes de finais de ano, estea xa en servizo un novo treito da VAP da Costa Norte que incrementará a competitividade do porto de Viveiro e afastará o tráfico pesado do centro de Xove.

 

Lea también

Cita este domingo en Valdoviño en la Puerta del Sol con el Feirón mensual

Jóvenes de 4º de la ESO del CPI Atios participan con un puesto de venta …