O Concello de Narón e a Asociación Musical «Sementeira» asinan un convenio de colaboración

O presidente do Padroado da Cultura de Narón, José Manuel Blanco, e o da Asociación Cultural Musical de Narón Sementeira, Manuel Rodríguez, asinarán esta tarde un convenio de colaboración para impartir clases de solfexo e instrumentos. A cita desenvolverase nas instalacións do Pazo da Cultura e suporá á administración local un desembolso de 50.000 euros.

O obxectivo deste acordo é a cooperación no eido musical entre o Padroado da Cultura e Sementeira. A maiores da aportación económica, que se incrementou nuns 5.000 euros con respecto ao ano pasado, o Padroado cederá á citada agrupación musical os instrumentos da súa propiedade, que deberán conservarse en bó estado. Pola súa parte, Sementeira comprométese a impartir clases de solfexo e instrumentos de vento e percusión de primeiro a quinto nivel; a manter a actividade da banda de música –que non poderá ter menos de 35 compoñentes-, e a realizar dez concertos ao ano en Narón. O convenio expira o 31 de decembro deste ano.

Un dos concertos que desenvolverá Sementeira na localidade terá lugar este sábado, día 23, no marco do III Encontro de Bandas de Música, que comezará ás 19:30 horas no Pazo da Cultura. Neste evento participarán a Banda de Música Sementeira de Cambre; a Banda de Música Municipal de Brión e a Xove Banda de Narón.

Lea también

Narón acoge en el CC Odeón la exposición de Roberto Marín, ‘Una mirada cofrade’

La plaza de Eventos del Centro Comercial Odeón ha inaugurado este viernes 11 la exposición …