Pablo Villamar interesouse por proxectos e obras da Deputación en Narón

 

casrretera de O Feal
casrretera de O Feal

O concelleiro de Promoción Económica, Pablo Villamar, mantivo a finais da semana pasada unha reunión co responsable de Vías e Obras da Deputación da Coruña, José Manuel Pequeño, e persoal técnico da administración provincial para analizar o estado no que se atopan algunhas das intervencións pendentes de acometer ou en execución no municipio. Entre elas, abordouse o proxecto de mellora da CP-5407, a estrada do Feal, un documento que, según apuntou Villamar, o deputado provincial se comprometeu a «encargar de inmediato».

A actuación a acometer no citado vial (a AC-5407) afecta a un tramo de aproximadamente un quilómetro e medio, tal e como apuntou Villamar, dado que na parte final desa estrada xa se executaron as pertinentes obras ao tempo que se urbanizou o polígono das Lagoas. O concelleiro naronés valorou o resultado da xuntanza e recordou que se trata dunha reivindicación xa comprometida no anterior mandato, amosando a súa confianza en que se desenvolva en breve, tal e como apuntou Pequeño.

Villamar abordou tamén co deputado provincial o grao de execución no que se atopan os traballos da rotonda da Solaina e a previsión para retomar a intervención de ampliación do vial e extensión da rede de saneamento na estrada de Sedes (DP-5404, de Xuvia á Praia da Frouxeira), unha actuación sobre a que os representantes provinciais indicaron que foi preciso solventar unha serie de problemas para continuar avanzando. O investimento nesta última actuación –cuxo convenio se firmou hai varios meses entre ambas administracións- supera os 1,2 millóns de euros e as obras, xa adxudicadas, executaranse de forma paralela para minimizar custos, tal e como se explicou no seu día desde o Concello e a Deputación.

Lea también

Odeón-Narón enciende este sábado 23 su decoración navideña

El Centro Comercial Odeón encenderá hoy sábado su decoración navideña a partir de las 19:00 …