O Concello de Narón reuniuse con representantes das Confrarías de Pescadores de Ferrol e Barallobre

O alcalde do Concello de Narón, José Manuel Blanco, e os portavoces locais do PSOE e do BNG mantiveron unha reunión con representantes das Confrarías de Pescadores e Mariscadores de Ferrol e Santiago Apóstol de Barallobre (Fene).

Durante o encontro o colectivo trasladou as súas inquedanzas por unha serie de problemas derivados do retraso que acumulan as obras de saneamento da ría, actualmente en execución. Os políticos locais tomaron nota das reivindicacións plantexadas polos patróns dos pósitos de Ferrol e Barallobre, Isabel Maroño e Carlos Rey, que acudiron acompañados por Paz González, secretaria da Confraría de Ferrol, e Benigno Varela, vicepatrón da de Barallobre.

O rexedor local informou do estado no que se atopa a intervención, incidindo en que se trata dunha obra onde os concellos de Narón e Ferrol aportarán unha contía económica, pero cuxa contratación, e direccións de obra e de seguridade dependen directamente de Acuaes, un organismo de titularidade estatal. Blanco explicou que, segundo as últimas informacións transmitidas oficialmente, os traballos correspondentes ao tramo O Cadaval- Neda estarán rematados antes do verán, se ben os do río Inxerto acumulan un retraso maior.

«Isto último non impide que no caso de que Ferrol o permita, pola gravidade, algunhas zonas de Narón poidan verter aos colectores e ir directamente á depuradora», apuntou o alcalde. Así mesmo, Blanco subliñou que «todo o que sexa evitar que se continúe vertendo á ría é positivo, aínda tendo moi clara a situación na que actualmente se atopa a depuradora».

Outro dos temas plantexados desde as citadas Confrarías foi o problema xerado polos lodos, urxindo a necesidade de recuperar os bancos marisqueiros. Neste apartado, o alcalde naronés plantexou alcanzar un acordo entre os dous pósitos e os concellos de Narón e Ferrol para realizar os estudos que resulten necesarios de cara á posible retirada dos lodos. «Neste punto sería indispensable a implicación doutras administracións unha vez que se coñeza a mellor opción, para levala a cabo, dado que os concellos non teñen competencias nese tipo de actuacións», aclarou Blanco, incidindo no firme compromiso do goberno local naronés de colaborar co proceso de rexeneración en zonas tan importantes de pesca e marisqueo como Caranza, A Gándara ou As Aceñas, entre outras.

Na actualidade, tal e como indicaron os representantes do colectivo, están afectadas de modo directo pola problemática máis de seiscentas familias da comarca.

Lea también

Narón iza a bandeira galega na Casa da Cultura

O Concello de Narón  programou para este sábado coincidindo co 23 de novembro, festividade local, …

Un comentario

  1. Que deje a Ferrol a caranza y a barallobre en paz , que se meta en sus asuntos , que se dedique a gobernar a su pueblo, este sr tiene un afán de protagonismo increíble , este tema no le corresponde a usted caradura