Primeira xuntanza en Narón con entidades para coordinar o Encontro Interxeracional 2016

naron-Reunión con entidadesA concelleira de Promoción Social e Igualdade do Concello de Narón, Teresa Sabio, presidiu na mañá deste luns unha xuntanza con representantes de diversas entidades do municipio para coordinar o programa da quinta edición do Encontro Interxeracional que se celebrará o vindeiro 12 de xuño no paseo marítimo de Xuvia. A edil naronesa e persoal de dezasete asociacións acordaron adiantar este ano a data do evento para evitar que coincida con outras actividades a desenvolver na localidade.

Sabio recordou que o Encontro Interxeracional supón o remate das actividades do programa de Envellecemento Activo impulsado desde o Concello de Narón. Trátase dunha convocatoria aberta á participación tanto de entidades como de particulares e que se dirixe tanto os maiores que participan no citado programa como as súas familias.

Os asistentes á convocatoria desta mañá acordaron manter unha segunda xuntanza o vindeiro día 25 para perfilar o programa de actos a desenvolver ao longo da xornada, para a que cada asociación plantexará unha serie de actividades.

Lea también

El primer premio de la Lotería Nacional deja 360.000 euros en Narón

La suerte de la Lotería Nacional se dejó caer este pasado sábado en Narón. La …