Ata o vindeiro 15 de abril estará aberto o prazo para a recepción de candidaturas as asembleas de barrio, das que sairán os representantes electos para conformar o futuro Consello da Veciñanza do Concello de Ferrol que impulsa a Concellería de Participación Cidadá e Normalización Lingüística.
Asó o asegurou o concelleiro de Participación ferrolán, Álvaro Montes, logo da Comisión Informativa de área celebrada este mediodía, onde expuxo que estas xuntanzas preparatorias «son parte fundamental do compromiso de abrir as portas do Concello aos veciños e veciñas, fomentando a participación e a implicación nos asuntos do Goberno local, e de fornecer aos ferroláns de ferramentas para por en práctica a democracia directa. Ademais, ten carácter informativo no sentido de que se explican os próximos pasos a dar no proceso e cales son os pasos do procedemento para presentar as candidaturas para as Asembleas de Barrio».
A documentación sobre as candidaturas e o proceso está a disposición dos interesados na web do Concello de Ferrol www.ferrol.es.
Para renovar as Asembleas de Barrio é preciso escoller a dúas persoas que ocupen a vicepresidencia, unha a título individual e outra como representante do tecido asociativo territorial da parroquia ou barrio. Tamén habería que escoller dúas persoas para que representen a esa Asemblea no futuro Consello da Viciñanza, tal e como establece o Regulamento de Participación Cidadá.
O 18 de abril darán comezo as 23 asembleas de barrios e parroquias, das que seguirán outras 23 nun proceso de ida e volta para recoller as demandas e vixiar o cumrpimento dos obxectivos, e se van escoller estes cargos e aprobar (no caso de ser preciso) o Regulamento de funcionamento interno.
Ademais, nestas asembleas vai haber unha parte formativa en resposta da demanda da cidadanía de ter máis formación e información sobre participación cidadá. Desde a Concellería de Participación Cidadá convídase a anímase aos veciños a presentar unha candidatura ou, cando menos, a participar neste proceso porque todas as voces son importantes e todas contan.
Estas asembleas de barrio son parte do proxecto Reiniciamos, que pasaba pola celebración do I Foro Cívico da cidade, e son parte do compromiso do Goberno local de abrir as portas a participación directa nun proceso aberto co ánimo de tomar nota das demandas, fixar prioridades, abrir vías de diálogo para mellorar a calidade de vida de cada barrio e do municipio en xeral.
Un dos primeiros obxectivos que se marca o Goberno local, na procura do maior consenso posible coa cidadanía, pasa polo redeseño das liñas do transporte municipal para gañar en viaxeiros e eficiencia.
Calendario previsto
Doutra banda, este luns 11, ás 19 horas, no local veciñal de San Román de Doniños, proseguen as nove asembleas preparatorias que se iniciaban o pasado luns 4 e que rematan este venres 15 no barrio de A Magdalena. Na xuntanza desta tarde, foron citados os veciños das parroquias de Doniños, Brión e San Xurxo.
Cuatro dias para presentar una candidatura? ESO SI QUE ES FOMENTAR LA PARTICIPACIÓN
No fue sin tiempo… tanto criticar el Regalmento de Participación Cidadá que estaba vigente, y casi un año después de llegar al gobierno aún estamos así….