O Auditorio de Narón acolle mañá o XIV Certame de Habaneras

A Sociedade Cultural Areosa, da parroquia de Piñeiros, organiza un ano máis o Certame de Habaneras de Narón. O evento, que conta coa colaboración do Padroado da Cultura de Narón, chega á súa décimo cuarta edición este ano e desenvolverase mañá venres e o domingo no Auditorio municipal de Narón, na Praza de Galicia. A entrada é de balde.

A concelleira de Cultura, Marián Ferreiro, explicou que na xornada de mañá actuarán a Coral Polifónica da Sociedade Cultural Areosa; o Grupo Coral da Juventude de Sanguedo, de Portugal e a Coral Amistad, do Couto. O domingo será o turno da Coral Estrelas do Mar, de Cedeira, a Coral Polifónica de Santa Icía, de Ferrol e da Agrupación Lucero del Alba, de Neda.

As actuacións incluídas no certame darán comezo ás 18 horas, tanto o sábado como o domingo, e todas as formacións recibirán uns agasallos pola súa participación.

Lea también

Narón iza a bandeira galega na Casa da Cultura

O Concello de Narón  programou para este sábado coincidindo co 23 de novembro, festividade local, …