Alumnos do colexio da Solaina visitaron esta mañá o Concello de Narón

colegio a solaina concello naron 7-4

Un grupo de vinte e cinco nenos de cinco anos do colexio da Solaina visitou esta mañá o Concello de Narón, onde percorreron diferentes estancias da Casa Consistorial acompañados por persoal municipal e mestras do citado centro escolar da localidade. Unha vez no salón de plenos foron recibidos polo alcalde, José Manuel Blanco, que conversou animadamente cos nenos, respostou ás preguntas que lle realizaron e entregoulles un agasallo.

Foi tamén o salón de plenos o lugar no que os menores presenciaron a proxección dun vídeo con imaxes do Concello, da bandeira institucional, e tamén dalgunhas instalacións municipais, como a Biblioteca do Alto. A visita desta mañá sumouse ás que periodicamente se realizan co alumnado de diferentes centros educativos da localidade ao longo do curso escolar.

Lea también

Narón pecha o ano formativo con novas acreditacións en áreas clave da industria e do comercio

O Concello de Narón celebrou no Centro Municipal de Formación Irmás Froilaz, na Gándara, a …