O alcalde de Narón recibiu aos representantes da directiva da AVV de San Mateo

O alcalde de Narón, José Manuel Blanco; a primeira tenente de alcalde e portavoz de Terra Galega, Marián Ferreiro, e a portavoz do PSOE, Catalina García, reuníronse esta mañá no despacho do rexedor local con representantes da Asociación de Veciños de San Mateo, trala renovación da directiva da entidade, cuxa presidencia ostenta Miguel A. Santalla.

Acompañando ao presidente da AVV estiveron tamén o vicepresidente, José Fernández; a tesoureira, Laura Fernández, e o secretario, José Manuel García, que abordaron cos integrantes do equipo de goberno naronés diferentes temas relacionados coa citada parroquia.

Así mesmo, os representantes desta entidade veciñal naronesa transmitiron aos integrantes do goberno local as súas prioridades no que respecta ás posibles actuacións e actividades a desenvolver na parroquia de San Mateo.

Lea también

O Jazz de Ría trae a Narón a homenaxe a Miles Davis polo centenario do trompetista estadounidense

O venres 14 de agosto o Pazo da Cultura acolle o concerto de Ensemble 100xMILES, …