Nenos do CEIP Virxe do Mar visitan o Concello de Narón

Un grupo de 25 nenos e nenas de segundo ciclo de educación Infantil do colexio Virxe do Mar, de Narón, visitou esta mañá o Concello, onde foron recibidos polo alcalde, José Manuel Blanco, no salón de plenos, sentándose nos asentos que nas sesións plenarias ocupan os edís da corporación local. Unha vez alí presenciaron unha proxección dun libro infantil que levaron como agasallo e tamén unha gorra, para recordar a súa visita á Casa Consistorial.

Os nenos estiveron acompañados por mestras do centro educativo e por persoal do Consitorio, sendo este último o encargado de darlles as pertinentes explicacións sobre parte do traballo que se realiza día a día na administración local.

Lea también

Narón iza a bandeira galega na Casa da Cultura

O Concello de Narón  programou para este sábado coincidindo co 23 de novembro, festividade local, …