Alumnos de Narón participan no Programa de Difusión e Valorización da Cultura Tradicional

«O Padroado da Cultura de Narón desenvolve este mes unha serie de unidades didácticas sobre a música e o baile tradicionais enmarcadas no Programa de Difusión e Valorización da Cultura Tradicional».

Así o anunciou a vicepresidenta do organismo e concelleira de Cultura de Narón, Marián Ferreiro, que indicou que as sesións que se están impartindo en marzo se dirixen a un total de 228 alumnos de educación Infantil -3, 4 e 5 anos- dos centros que o solicitaron: CEIP Piñeiros, CRA de Narón e CEIP Ponte de Xuvia.

As unidades didácticas leváronse xa a cabo nos CRA de Pedroso, o 1 de marzo, e de Domirón o día 2, se ben os seguintes a desenvolver terán lugar o vindeiro luns, 7 de marzo, no CRA de Sedes, e o 9 de marzo no CEIP Ponte de Xuvia. O alumnado recibirá primeiro das persoas que imparten as sesións as pertinentes explicacións sobre o contido da unidade e tamén conceptos básicos sobre as diferentes familias de instrumentos. A continuación asisten a unha demostración práctica, na que se lles dá a oportunidade de escoitar cada instrumento para así poder diferencialos, e, por último, realizan unha práctica básica de dous bailes tradicionais, un solto e outro agarrados. Cada unha das sesións ten unha duración aproximada de cincuenta minutos.

As unidades didácticas do Programa de Difusión e Valorización da Cultura Tradicional comezaron a desenvolverse coincidindo co inicio do curso escolar, en setembro. Foi entón cando se impartiron en todos os centros de ensino do Concello ao alumnado de primeiro e segundo curso de educación Primaria, chegando a máis de 1.300 alumnos.

A vicepresidenta do Padroado destacou que este tipo de convocatorias «permiten desenvolver nos centros educativos unha serie de actividades formativas coas que achegar aos rapaces e rapazas de diferentes idades, a través de adaptacións curriculares diferenciadas, unha serie de coñecementos tanto dos bailes tradicionais galegos como dos instrumentos musicais utilizados polos nosos ancestros». Ademáis, Ferreiro valorou a participación dos diferentes centros de ensino da localidade neste programa.

Lea también

Narón acoge en el CC Odeón la exposición de Roberto Marín, ‘Una mirada cofrade’

La plaza de Eventos del Centro Comercial Odeón ha inaugurado este viernes 11 la exposición …