O Pazo da Cultura de Narón acolle o musical infantil «Toy Story»

A compañía Barabu Producciones representará este domingo, día 6, no Pazo da Cultura a obra Toy Story. Este musical infantil, de algo máis dunha hora de duración, está dirixido ao público familiar e infantil. A posta en escena comezará ás 18 horas e as persoas interesadas poden adquirir as súas entradas na venta anticipada, a un prezo de 12 euros, ou o propio día da actuación, a 15 euros.

A obra é unha adaptación renovada ao guión do filme de animación de Disney Pixar sobre un conxunto de xoguetes con vida. O protagonista deste espectáculo é Andy, un rapaz que tras rematar os seus estudos universitarios regresa á súa casa e abre unhas caixas que el mesmo embalara anos atrás cheas de xoguetes. Recorda os momentos vividos e, nunha aposta pola solidaridade, decide doalos aos nenos máis desfavorecidos. A concienciación cidadá sobre as desigualdades no mundo é un dos obxectivos deste musical, no que se incide no feito de que os xoguetes nunca morren e poden facer felices a moitos rapaces e rapazas.

Lea también

La AD Náutico de Narón obtiene buenos resultados en el Cto de España de Duatlón

Buenos resultados del Shark Team en el Cto de España de Duatlón disputado en Ciudad …