O concelleiro de Xestión Orzamentaria, Pablo Villamar, aclarou ao respecto das críticas formuladas polo portavoz de Eliximos Narón Electores sobre os prazos de pago de obrigacións no Concello, que «estamos en moi boa situación porque neste Concello se están abonando nun período de entre 15 e 25 días as facturas cando o tempo legal para efectuar eses pagos é de 30 días”. Villamar subliñou que o documento presentado ao pleno deste mes é un informe realizado desde o departamento municipal de Tesourería no que se recollen os datos de cumprimento de prazos «para dar conta dos pagos do cuarto trimestre de 2015, como se fai habitualmente, e que en ningún caso se somete a aprobación nos plenos”.
O concelleiro de Xestión Orzamentaria instou ao representante de ENE a «reunirse cos técnicos municipais, se non quere facelo cos representantes políticos, para que lle dean as explicacións que considere oportunas antes de poñerse en evidencia con este tipo de inexactitudes”.
Alguno puede cometer errores de novato. Otro de experimentado ahora se junta con los que durante muchos años criticó, y su ocaso político se acerca.
Antes era el que atacaba a TEGA, ahora les hace la ola.
Na seguinte tabla figuran os datos que se recollen na documentación que foi a pleno.
Como se pode ver nesta primeira tabla os datos para os pagos feitos no trimestre se corresponden co que comentei no meu artigo onde indicabase que non se cumpriu a tempo con 1 de cada 4 euros aproximadamente (1,11 millóns de euros). Pero a cousa e maior no caso de COSMA na que aínda que o total e menor (195.000 euros) supuxo deixar de pagar no trimestre pasado case 1 de cada 2 euros (o 45,8%).
_
A) PAGOS REALIZADOS NO TRIMESTRE
(PMP) Periodo Medio Pago (días)
Num. = Número de Operaciones
Impor.en plazo = Importe de los Pagos Dentro Periodo Legal de Pago
Imp.fuera plazo = Importe de los Pagos Fuera Periodo Legal de Pago
_
Código de Entidad Entidad Tipo Contab. (PMP) Num.e Impor.en plazo Num.e Imp.fuera plazo
11-15-054-AA-000 Narón Limitativa 52,00 699 3033485,96 93 1112510,83
11-15-054-AP-001 Cosma, S.A. Empresarial 57,11 243 231378,15 55 195187,64
11-15-054-AV-001 P. Cultura Limitativa 12,23 138 457492,63 0 0,0
No incumprimento dos pagos para o presente trimestre xa imos cun 16% de incumprimento (0,33 millóns de euros), mentres que para COSMA o presente trimestre xa vai cun 17,3% de incumprimento (45.900 euros).
C) FACTURAS OU DOCUMENTOS XUSTIFICATIVOS PENDENTES DE PAGO AO FINAL DO TRIMESTRE
(PMP) Periodo Medio Pago (días)
_
Código de Entidad Entidad Tipo Contab. (PMP) Num.e Impor.en plazo Num.e Imp.fuera plazo
11-15-054-AA-000 Narón Limitativa 39,89 839 1717103,12 407 326043,92
11-15-054-AP-001 Cosma, S.A. Empresarial 36,70 56 219487,40 4 45897,54
11-15-054-AV-001 P. Cultura Limitativa 9,44 14 53887,46 0 0,0
Ten máis visitas a información da cadela Lúa que a túa, Casal Pita.
Eliximos Narón pide a Villamar que mire mais ala das súas cifras e vexa como a súa xestión afecta ás persoas.
_
Descoñecemos si o Sr. Villamar mirou só a última cifra do informe de tesoureira relativo ao cumprimento dos prazos de pago ou si non quere ver o resto do informe. Dende a súa butaca de delegado ve o vaso medio cheo, pero as empresas ás que o Concello non se lle pagou a tempo as 93 facturas por un total de 1.112.510,83 euros, ou as outras 407 por 326.043,92 euros que seguían sen cobrar a final de ano, seguro que ven o vaso medio baleiro porque teñen que facer fronte aos seus pagos e que manter os seus traballadores que queren cobrar todos os meses. Respecto a COSMA ocorre algo similar ou peor.
_
O que realmente lle importa as empresas é que o Concello tarda en pagar unha media de 52 días dende que recibe a factura, mentres que o padroado de cultura faino en 12,23 días, claro que falamos de un total de facturas de 4.145.996,79 do Concello fronte a 457.492,63 euros do Padroado de cultura.
_
A ditos números si lles restamos 30 días que a lei lle deixa a concello para xestionar a facturas e se calcula unha media o resultado é o de 12,23 días de período medio de pago que é o número que lle gusta ao Sr. Villamar, a súa media verdade.
_
Creemos que a postura do Sr. Villamar é unha visión dun administrador que ve que os números que lle esixe o Estado lle cadran e que non ve, mais aló do seu ordenador, as empresas e persoas que están a sufrir o retraso dos pagos, parece que xa esqueceu o seu programa no que dicía “As persoas van ser tamén, agora máis ca nunca, o obxectivo da nosa organización na vindeira lexislatura”.