O Concello de Narón recibe 4.771 euros en concepto da baixa sinistralidade laboral

siniestralidad naron 8-2

A Dirección Xeral da Seguridade Social emitiu esta mañá unha resolución estimatoria en base ao Real Decreto 404/2010 de 31 de marzo, autorizando o abono ao Concello de Narón dunha partida de 4.771,7 euros en concepto da baixa sinistralidade laboral rexistrada durante o ano 2014. O alcalde de Narón, José Manuel Blanco, recibiu no seu despacho ao director da mutua Fremap, Juan Pablo del Río; a Isabel María Díaz, tamén en representación da citada compañía, e ao encargado de Seguridade e Saúde Laboral do Concello e responsable da área de Prevención, David Corral, para abordar parte do traballo realizado desde a administración local nesta área nos últimos anos.

Esta aportación económica súmase ás recibidas polo Concello naronés polo mesmo concepto nas anualidades correspondentes a 2010 -2.148,42 euros-; 2011 -4.660,52 euros-; 2012 -4.690,21 euros- e 2013 -4.824,01 euros- que, sumandos á citada contía de 2014 suman un total de 21.094,86 euros nun período de cinco anos.

A administración local tivo que cumprir unha serie de requisitos para poder recibir estas partidas. Entre os mesmos figuran o feito de realizar actividades preventivas en materia de riscos laborais; nomear a un responsable de prevención na área; realizar actividades de prevención e accións formativas dirixidas ao plantel do Concello e garantir a vixilancia da saúde a todos os traballadores e traballadoras.

Así mesmo, tamén se tiveron en conta cuestións como a existencia de delegados de prevención e dun Comité de Seguridade e Saúde Laboral, organismo este último que se constituíu no ano 2005 no Concello e do que forman parte tres representantes políticos municipais –os edís Guillermo Sánchez Fojo, Pablo Mauriz e Ibán Santalla- e tres funcionarios –Xosé Henrique Calvo, María José González e Manuel Bello.

Lea también

O Pazo da Cultura acolle a “XXXV Gala do Deporte de Narón”

O Pazo da Cultura de Narón acolle este venres 22 unha nova edición, a trixésimo …

Un comentario

  1. Unha das ventaxas de ter tanto paro é que no traballo poucos accidentes hai