«Narón, pan e circo» (Eliximos Narón)

eliximos naron 22-9(Eliximos Narón)-Os políticos romanos decidiron que a política de «pan e circo» era a forma máis efectiva de subir e manterse no poder. Esta era a práctica romana de prover pan gratis aos cidadáns romanos así como custosas formas de entretemento (o teatro, as carreiras e as loitas) como medio para gañar a súa confianza e, sobre todo, de mantelos afastados dos asuntos políticos.

A pesar do paso dos séculos esa práctica, adaptada aos nosos días, segue vixente e é a política do
goberno de Narón. Neste caso o «pan» ven a ser a asistencia social para garantir a subsistencia,
mentres que o «circo» son as festas, os deportes e as actuacións culturais.
Así o reflexan os orzamentos con:
 Asistencia social primaria: 2,5 millóns de euros (no mesmo orde que a media outros concellos
galegos no rango dos 20.000 a 50.000 habitantes1).
 Festas populares e festexos: 215.000 €, un 18,2% mais que concellos similares (5,4 fronte 4,1
€/hab.).
 Deporte: 1,91 millóns de euros €, un 21% mais que concellos similares (48,4 fronte 35,9 €/hab.).
 Equipamento y promoción cultural: 2 millóns de euros €, un 215,8% mais que concellos similares
(50,4 fronte 14,3 €/hab.).

En total, Festas + Deportes + Cultura = 4,1 millóns de euros €, 1,73 millóns (un 72,2%) mais que
concellos similares (104,3 €/hab. fronte aos 54,3 €/hab. dos demais concellos).

Pola contra, as actuacións de carácter económico dos tres sectores 2 levan 371.000 euros, fronte a
1.458.000 doutros concellos similares, un -74,6% (9,4€/hab. fronte aos 14,3 €/hab. dos outros).

Os gastos en fomento do emprego de 253.000 euros tamén se encontran un -55,5% por debaixo dos
concellos similares.

En resumen, a aposta política do tripartito e «pan e circo» que levan 6,6 millóns de euros (aínda que
moito mais «circo» que «pan») fronte as actuacións de carácter económico e fomento de emprego
que levan 1,7 millóns de euros.

Dende Eliximos entendemos que cada cousa ten que ir na súa medida, e que as actuación de carácter
económico e o fomento do emprego deberían ter un maior peso para que os naroneses teñan traballo
e, por tanto, poidan ganar o pan.

Lea también

Narón iza a bandeira galega na Casa da Cultura

O Concello de Narón  programou para este sábado coincidindo co 23 de novembro, festividade local, …

Un comentario

  1. esto de considerar aos cidadáns de Narón cos romanos e falar nestes tempos de pan e auga….coma sempre fora de lugar.Por non falar da ignorancia supina e de como califica uns orzamentos que non entende….patético.Sigue na sua liña