O alcalde de Narón, José Manuel Blanco, presentou esta mañá en rolda de prensa os orzamentos municipais de 2016 acompañado polos portavoces de TEGA, Marián Ferreiro; do BNG e edil de Xestión Orzamentaria, Pablo Villamar, e o tamén concelleiro Octavio Dopico, do PSOE. O rexedor local aludiu ao marco de austeridade no que se formulou o documento contable, que ascende a 28.951.234,92 euros, «o que supón un incremento do 3,18% con respecto ao 2015, que foi de 28.058.922,45 euros», incidiu o alcalde incidiu, sinalando que no capítulo 1 de ingresos, de Impostos directos, aumenta un 2,83% debido «á correcta cuantificación do impacto do 10% da revisión do valor catastral que se realizou na Ponencia de Valores de 2008, compensándose o incremento que corresponde en 2016 coa rebaixa dos tipos», pero asegurou que «en ningún momento a un incremento real da recadación». Blanco subliñou que «seguimos mantendo as condicións que nos impuxemos no pacto de goberno, baseadas en tres pilares: manter as axudas sociais necesarias para colaborar cos veciños e veciñas máis necesitados nestes tempos de crise; manter os servizos relacionados coa atención ás persoas maiores, cultura, deportes e xuventude e rebaixar a débeda paulatinamente, aínda que nunca foi excesiva no Concello».
Blanco citou, no capítulo de gastos, os de Persoal, que representa 8.434.646,44 euros en 2016, o 29% do total. «Hai que agradecer moitísimo ao persoal do Concello de Narón a súa labor, polo pouco persoal que hai, o que obriga ao existente a ter que facer un esforzo moi grande para poder sacar adiante todo o traballo». O rexedor local recordou que os gastos en Bens correntes e servizos son de 14.200.068,64 euros e aludiu á rebaixa dun 29,40% dos Gastos financieiros con respecto a 2015. «O investimento en obras contemplado no orzamento deste ano ronda os catro millóns de euros, entre o POS, o PAS e o plan municipal contratado en decembro», salientou.
Blanco recordou que o documento, que irá ao pleno ordinario deste xoves, se entregou o pasado 23 de decembro a todos os grupos políticos da corporación e que se abordou esta mesma semana en Comisión. No tocante ás alegacións presentadas polo PP, que foron rexeitadas, o alcalde explicou que se entregaron o pasado sábado e incidiu en que «nalgúns casos atentan contra a política social, cultural e deportiva do concello», sinalando que algunhas das propostas plantexadas «analizaranse ao longo do ano».
Pola súa banda, o edil de Xestión Orzamentaria, Pablo Villamar, asegurou que o Concello, á hora de elaborar o documento, partiu dunha situación de estabilidade, «con algo máis de sete millóns de euros en Tesourería a finais de 2015, o que mostra unha moi boa situación de liquidez, onde os préstamos baixaron prácticamente á metade no último mandato e que a finais de 2016 será de 5,1 millóns de euros». Villamar recordou a rebaixa aplicada ao IBI ao 0,66 para que non se incrementen os recibos e asegurou que as transferencias doutras administración baixan a nivel estatal pero increméntanse a nivel provincial porque «na Deputación estase empezando a tratar a Narón polos criterios que lle corresponde, de habitantes, superficie…», dixo.
Nos ingresos aos Impostos directos representan 12,4 millóns, onde se contabilizan o IBI, que rondará os 8,2 millóns, o IVTM e o IAE; os Impostos indirectos, basicamente licenzas de obra, é de 250.000 euros e «está moi axustado porque no concello aínda non está medrando o que quereriamos», sinalou o edil, mentres que por Taxas e outros ingresos –lixo, dependencia, servizos deportivos….- «se prevén recadar 4,9 millóns», dixo. No apartado de Transferencias correntes, explicou o edil, «dos 9,8 millóns a partida máis importante é a referida ao Estado, en torno a 7,7 millóns, e case 170.000 euros inferior á aportación feita o ano pasado, e o resto correspóndese ás achegas da Xunta ao financiamento local». As Transferencias de capital medran -polas achegas da Deputación- en 812.741,31 euros, ata alcanzar os 1,2 millóns. «Un ano máis e a pesar desa situación de crise, o Concello ten o músculo suficiente para poder afrontar estes orzamentos, que son razoables, sen ir a ningún tipo de petición de préstamo», indicou Villamar.
No referente aos gastos, Villamar mencionou o de Persoal, calificándoo de «moi bo e razoable con respecto ao resto», explicando que a subida do 3,58%, pasado dos 8.143.397,03 do ano pasado aos 8.434.646,44 deste ano responden ao recoñecemento da paga extra, a suba do 1% contemplada na Lei de Orzamentos Xerais do Estado para empregados públicos e a compromisos adquiridos no seu día en materia de produtividade. «O apartado máis importante son os Bens correntes e servizos, case o 50% dos gastos do orzamento, onde está a limpeza de rúas, a electricidade… todos os gastos xerais do Concello, que prácticamente son os memos ao conter os gastos e tratar de facer máis co mesmo ou con menos», apuntou o responsable de Economía do municipio. O edil explicou tamén que os gastos financieiros «baixan case un 30% ao reducirse a débeda e nas Transferencias correntes, nas que se inclúen o Padroado de Cultura e tamén están as que se fan a diferentes entidades de distintas áreas. Os Investimentos reais medran case un 61% grazas ás transferencias antes citadas da Deputación e aos recursos propios do Concello».
Por último, Villamar recordou que se reservan os 100.000 euros para o convenio do novo centro de saúde comprometido pola Xunta, nas Transferencias de Capital. «Todo indica que pecharemos razonablemente ben o 2015 e que haberá remanentes que nos permitirán poder seguir actuando na liña de atender á cidadanía e manter e mellorar a súa calidade de vida», apuntou.
Finalmente, co respecto aos investimentos, o alcalde asegurou que «nós partimos da base de que o mellor é ir consolidando os ingresos durante o ano e se van ben, haberá superávit que posteriormente se destinará a investimento, a que aparece no orzamento é a comprometida, o POS, o PAS e case un millón do Concello pero seguramente haberá máis durante o ano».
O Sr. Villamar adiantounos o 23 de decembro un borrador das contas do Concello, unhas 25 follas, pero nada do Padroado de Cultura nin de COSMA. As restantes 120 follas e mais as contas definitivas do Concello déronnolas o pasado venres, tres días antes da comisión. Non tivemos tempo nin de mirar a metade, pero iso non lles importa, porque, a pesar das palabras bonitas, non están abertos a escoitar e moito menos ao diálogo. Xa sabemos todos que teñen a maioría para sua aprobación.
¿Pero nos quieren tomar el pelo? ¿8 millones de euros? En el Pazo de la Cultura Villamar dijo que eran 1,8 millones, contando ya el POS y el PAS que da la Diputación. De acuerdo con eso, la inversión municipal serán 400.000 o 500.000 euros. ¿¿¿¿¿De donde sacaron los 8 millones?????