O Concello destaca o bo facer do Real Coro «Toxos e Froles» a prol da Cultura

toxos-23-1-aO Concello de Ferrol ven de recoñecer este mediodía o bo facer do Real Coro Toxos e Froles a prol da cidade e da cultura galega nos seus 101 anos de historia desde a súa fundación, en xaneiro de 1915.

Foi cunha recepción institucional aos membros da entidade no Salón de Recepcións do Pazo Municipal encabezada polo alcalde, Jorge Suárez, xunto a outros membros do Goberno local e da corporación ferrolá. Foi nun acto modesto, alegre e distendido de agradecemento e recoñecemento a un século de historia, na que non faltou a música e o baile, que se pechou coa interpretación do Himno Galego.

«Esta homenaxe, -destacou o rexedor, Jorge Suárez-, é particularmente especial para nós e para vós porque estades na vosa casa». «É o aplauso da vosa cidade, dos vosos veciños ao bo facer do Coro neste século, nun ano particularmente significado no que o Toxos e Froles acadou o Premio da Cultura Galega”. Este galardón, outorgado en setembro foi recollido pola entidade o 21 de decemebro na Cidade da Cultura do Gaiás «a que asistín como alcalde e como ferrolán fachendoso», subliñou Suárez.

toxos-23-1-b«Falar do Real Coro Toxos e Froles é falar de Ferrol. E historia viva da cidade, que leva a música no seu ADN; ben enraizada con esa paixón que demostrades polo que facedes neste último século; mesmo tedes mais historia e mais anos de vida que esta Casa do Concello que hoxe nos acolle. O Toxos tamén é Galicia e alí onde ides, vai un anaco desta terra, do nosa forma de facer e sentir feita música», manifestou o primeiro edil.

Foi o 30 de Xaneiro de 1915, cando o Gobernador Civil da Coruña asinaba e daba validez aos estatutos do Toxos e Froles que foran redactados o 20 de Xaneiro, hai cindo días de hai cen anos. Outra data significada que compre hoxe rememorar é a data da primeira actuación no teatro Jofre, un 29 de maio do 1915.

«Agardamos que queden moitas mais, como premio a moitas horas de traballo, organización, coordinación en ensaio, de clases de balde de gaita, baile e percusión para todas as idades e niveis, feito con ilusión e con paciencia de artesán. Gracias, como alcalde e no nome dos veciños desta cidade, por levar a Ferrol polo mundo, por espallar alegría e cultura e forma de música coa forma dun coro que é, moito mais que o coro mais antigo de Galicia, e que ven sendo historia viva para perdurar, cando menos, outro século mais», rematou Suárez.

 

Lea también

O Ateneo Ferrolán proxecta o filme «Linda» dentro da programación 25N

Este venres dia 22 as 19.30h dentro da programación do 25N “Día contra a Violencia …