O rei da solidaridade, Artabán, finalizou esta fin de semana as visitas programadas polo Concello para reunirse cos nenos e nenas nos diferentes locais sociais das parroquias de Narón. Todo está listo para a Cabalgata Solidaria que se celebrará este martes, día 5, e na que Artabán acompañará aos tres Reis Magos: Melchor, Gaspar e Baltasar, nunha comitiva da que formarán parte un total de doce carrozas construídas pola veciñanza da zona urbana e rural de Narón.
Nas súas visitas Artabán contaba aos máis pequenos a súa historia e despois todos xuntos ensaiaron o vilancico “Narón brilla en Nadal”, que se cantará o martes pola tarde baixo a carpa ubicada na Praza de Galicia.
Nas últimas semanas os veciños e veciñas das diferentes parroquias de Narón –maiores e nenos e nenas- afanáronse na decoración das carrozas solidarias que, cargadas con alimentos recollidos nos últimos días, partirán este martes ás 16.00 horas de Xuvia –dunha parcela localizada nas inmediacións da estación de FEVE- ata a Praza de Galicia, onde está prevista a chegada dos catro reis ás 17.30 horas. Baixo a carpa alí ubicada haberá unha festa para os nenos e nenas, que gozarán coa presencia de Melchor, Gaspar, Baltasar e Artabán.
A edil de Acción Social, Catalina García, agradeceu a colaboración da veciñanza nos traballos de construción das carrozas, así como a solidaridade de todas aquelas persoas que colaboraron na doazón de alimentos e produtos de hixiene para esta Cabalgata Solidaria e que se levarán ao Centro de Recursos Solidarios de Narón –no polígono de Río do Pozo- para entregarllos ás familias con menos recursos. Así mesmo, a concelleira anima aos naroneses e naronesas a participar nesta convocatoria, coa que se pecharán os actos organizados polo Concello con motivo das festas de Nadal.
La cabalgata de Narón es una vergüenza. ¿4 Reyes Magos? ¿Cómo le explico a mis hijos en mi casa que en el resto de España (quitando en Madrid, que ahora son mujeres) son 3 y aquí son 4? Melchor, Gaspar, Baltasar…. ¿Y Azkaban? ¿Uno que salía en Harry Potter?
¿Este año también va a ir Catalina de Aragón con globitos en la cabeza saludando como si fuera la reina Leticia? ¿Va incluido eso dentro de la dedicación exclusiva?