Éxito dos obradoiros de teatro do Nadal en Esmelle e Covas

obradoiro-3012Na mañá deste mércores o concelleiro de Participación e Normalización, Álvaro Montes realizou unha visita aos obradoiros de teatro do Nadal en Esmelle e Covas, na zona rural dirixidos a nenos de 3 a 14 anos, levanse a cabo nos locais veciñais de Covas e Esmelle entre o 21 de decembro e o 5 de xaneiro en dúas quendas, para que todos os veciños teñan as mesmas oportunidades de conciliar no Nadal, tanto na zona urbana como na rural.

«É unha alternativa de ocio para que todos teñan as mesmas oportunidades e que vai mais alá dunha ludoteca porque é formativo e fomenta novos espazos de uso do galego”, manifestou o edil.

O obradoiro de teatro ten como obxectivo desenvolver as capacidades dos nenos no tempo de lecer, para favorecer as dinámicas grupais, fortalecer os recursos comunicativos e consolidar as capacidades cognitivas a través do xogo.

O orzamento total dos dous obradoiros ascende a 4.000 euros.  O primeiro grupo, para 30 nenos de 3 a 6 anos, con contacontos e representación. O segundo grupo, para 30 nenos de 7 a 14 anos, con monicreques e a súa manipulación.

Lea también

Xunta, Ayuntamiento de Ferrol y Autoridad Portuaria trabajan unidos para crear suelo industrial en la zona de Mandía

El alcalde de la ciudad, José Manuel Rey Varela, y la conselleira de Economía e …