A Deputación galeguiza a súa presenza dixital

diputacion-galO pleno da Deputación da Coruña decidirá a incorporación do seu dominio ao espazo .gal que suporá modificacións na web, nos enderezos electrónicos mais tamén na sede electrónica do organismo. A Deputación pasará a identificarse na súa presenza electrónica do dicoruna.es a dacoruna.gal

A orde do día do pleno que se reunirá este venres día 6 de novembro inclúe a modificación da ordenanza xeral da administración electrónica da Deputación Provincial da Coruña polo que a identificación dixital dicoruna.es pasará a ser dacoruna.gal. A modificación afectará non só ao correo electrónico senón tamén á páxina web e á sede electrónica, o espazo dixital a través do que se desenvolven ás tramitacións administrativas.

A Deputación incorpora así o seu dominio á identificación galega .gal mais na mudanza galeguízase tamén o nome co que se presenta no ámbito dixital do “dicoruna” a “dacoruna”.

A ordenanza modifica a identificación da presenza electrónica que será operativa unha vez rematada a tramitación pertinente, un proceso que é máis complexo no caso da sede electrónica. A Deputación estaría en disposición de emitir de inmediato correos co dominio .gal mais habilitarase un periodo de transición en que estarían operativas as dúas fórmulas.

Lea también

Palo Santo do Camiño, uno de los mejores quesos mundo por los “World Cheese Award

Palo Santo, con su queso curado “Palo Santo do Camiño” de 12 meses, ha sido …